Nota da Asociación cultural-ecolóxica Ridimoas

En relación coa iniciativa da Xunta de Galicia de autorizar as batidas a xabaríns, aludindo a razóns de enfermidades, evitar accidentes de tráfico ou danos agrícolas, aproveitando a situación de pandemia;

Desde a Asociación cultural ecolóxica queremos recordarlle á Xunta que estamos na primavera, estación do ano en que os animais silvestres están tratando de sacar adiante unha nova xeración e precisan tranquilidade, tamén lle recordamos que moitas especies están en perigo de extinción e que  a invasión do territorio por escopeteiros e cans agrava a súa situación ao malograr a crianza por interferencia humana. Recordamos tamén que a caza é unha relación traumática coa natureza, e non se debe poñer a un maltratador a coidar da vítima. 

AVANTAR ACTIVIDADES

A Conselleira de medio ambiente debe ser máis rigurosa e mandar a avaliar polos seus axentes os presuntos danos ocasionados pola fauna e obrar en consecuencia cun control de resultados; de non ser así e obrar con xeneralidadese e alarmismo, sen ningún control, entendemos que as escopetas son as que mandan. Ser agricultor ou gandeiro non é unha actividade extraterrestre, ten que traballarse para que se faga compatible e se poida convivir co patrimonio natural e incluso melloralo, camiñando cara unha actividade máis sostible.

A fauna silvestre é un patrimonio do común da sociedade e así se recolle no noso ordenamiento xurídico. Un patrimonio común que esixe unha actuación administrativa amplia que inclúa a todos os axentes sociais implicados e non só a un grupo ou sector, como é o da caza, que semella ter maior atención e difusión á hora de abordar medidas de “xestión” do territorio.

Os supostos danos agrícolas polos que se toma a decisión de autorizar máis batidas prodúcense fora da tempada ordinaria de caza, que transcurriu con total normalidade e duración e, incluso se ampliou, sen verse afectada pola posterior declaración do Estado de Alarma nin polas medidas de confinamiento da ciudadanía establecidas no mesmo. Este feito deixa manifestamente claro que o suposto control que a actividade cinexética exerce sobre os animáis silvestres causantes dos danos, é produto da fantasía dos seus principais actores, motivado por un síndrome de abstinencia, e que nunca vai ser suficiente para aplacar a insaciable dependencia dos promotores da caza. A situación sanitaria actual debido ao covid-19 non tivo ningunha incidencia nas poboacións de fauna que, en teoría, xa tería que reflectir os supostos efectos controladores da actividade cinexetica despois de rematada a tempada de caza. A esixencia de permitir a caza con carácter excepcional non ten ningún argumento que a xustifique.

Para a reparación dos danos causados pola fauna silvestre, os agricultores e gandeiros profesionais e non profesionais deben estar provistos de seguros agrarios que aseguren unhas condiciones xustas e unhas compensaciones axeitadas de cara a asegurar a viabilidade da actividade. Son os seguros os que deben compensar estes dando causados. Corresponde á administración pública dispoñer as medidas precisas de carácter preventivo para paliar os danos ocasionados axustadas as necesidades destes colectivos. Así como dispoñer as medidas precisas para unha oferta aseguradora xusta, adaptada e asequible a agricultores e gandeiros.

E para rematar, recordamos que unha gran parte do territorio galego é privado e, moita xente, entre a que nos incluímos, non quere que lle entren nas súas terras a man armada a matar aos animais que nelas habitan, sen respetar o dereito á propiedade privada que a lei de caza vulnera.