Podemos solicita convocatoria urxente da sesión plenaria

IES CHAMOSO LAMAS

A pasada semana o Alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, anunciaba que o concello habilitaría unha partida orzamentaria de 1.000.000 € para axudar a reactivar a economía local ou a aprobación da modificación do calendario fiscal do 2020, entre outras medidas en base ao acordo feito entre o PP e o grupo de goberno motivadas pola crise do COVID-19 no noso concello.
Dende o Círculo de Podemos no Carballiño, pese a non termos representación municipal,
presentamos o 5 de abril alegacións a uns orzamentos que entendiamos que non se adaptaban
a situación que estabamos a vivir e que deixaban desatendidas as necesidades reais da
veciñanza da nosa vila. Estes orzamentos aprobáronse inicialmente no último pleno, o 15 de marzo de 2020.
Xa nas alegacións que presentabamos non entendiamos como non se retiraba ese expediente inicial e se presentaba outro expediente no que de unha maneira ampla e no que as distintas agrupacións municipais puidesen aportar xunto coa consulta a distintos colectivos e asociación veciñais e de comercio da nosa vila, puidesen opinar e aportar ideas e propostas en base a situación que se está dando. Non foi así.
O grupo de goberno municipal acordou unha modificación de ese expediente inicial co grupo
municipal do PP, sin ter en conta xa non só aos outros dous grupos políticos con representación municipal, senón tampouco a moitos colectivos que quedan fora de esas medidas acordadas de parte.
Non comprendemos que pese a que levamos xa máis de 40 días de estado de alarma e xa fai
máis de mes e medio que se aprobasen eses orzamentos inicialmente, non se teña en previsión urxente convocar un pleno para resolver as alegacións presentadas polos grupos que non vemos suficientes as medidas que acordou o PSOE e o PP.

VIDEO

HIPER MASIDE

Medidas que, como o tan anunciado 1.000.000 € non son tal, pois dentro de esa partida tense que descontar 490.000 €, cantidade que se tiña que dar “si ou si” para pagar o Servizo de Axuda ao Fogar (S.A.F.).
Tamén nos gustaría saber como se van repartir esas axudas a autónom@s e empresas, 200.000 €, cantidade totalmente insuficiente para esta primeira fase.
Descoñecemos ademais a base de ese cribado que se fai ao orzamento inicial e que dá un importe de 221.000 €, pois parece ser entón que ese expediente inicial podía presentar certas deficiencias legais, ao contemplarse tal cantidade en ese cribado que se fai.
Lonxe de entrar en críticas baldeiras de contido, dende o Círculo de Podemos no Carballiño
solicitamos ao señor Alcalde da corporación municipal a convocatoria urxente da sesión
plenaria, para poder dar resolución as distintas alegacións presentadas, aprobar o expediente
do orzamento definitivo resultante e de este xeito, poder xa facer efectivas as medidas que se
contemplen en eses orzamentos.
Nos defenderemos as nosas alegacións cando sexa o momento, pois entendemos que nas mesmas presentabamos propostas de medio-largo prazo que serían beneficiosas para a xente da nosa vila.