Deputación e ABANCA lanzan o Plan Reactivación Ourense, dotado dunha liña de financiamento

Sinatura convenio do Plan Activamos Ourense entre a Deputación Ourense e Abanca. Asisnan Manuel Baltar (Presidente Deputación Ourense) e Santiago Novoa (Abanca), acompañados por Rubén Saavedra (Ditector territorial de Abanca en Ourense).

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o director de Negocio Institucional de ABANCA, Santiago Novoa, subscribiron hoxe telemáticamente o lanzamento do Plan Reactivación Ourense, unha iniciativa que dá continuidade e novo impulso ao Plan Activamos-Transforma Ourense, aplicado nos últimos anos por ambas as entidades para para promover o desenvolvemento socioeconómico da provincia a través da concesión a diferentes colectivos de financiamento en condicións preferentes. A súa principal novidade é a inclusión dun capítulo dedicado especificamente a paliar as consecuencias económicas da crise sanitaria do COVID-19 sobre as empresas e os autónomos ourensáns.

Manuel Baltar afirma que esta é unha nova medida que pomos en marcha con ABANCA dentro da estratexia que vimos desenvolvendo no goberno provincial de Ourense para atacar a crise sanitaria desde os puntos de vista sanitario, social e económico, e referir ao Plan Reactivamos Ourense como un instrumento que, nestes momentos máis que nunca, pode contribuír a reactivar a nosa economía para fixar poboación no rural, a través de liñas de crédito dirixidas a familias, emprendedores, profesionais e empresas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademais, o presidente do goberno provincial mostrou a súa satisfacción por seguir renovando esta alianza con ABANCA que puxemos en marcha en 2014 e que preto de 100 millóns de euros indican que fluíu o crédito entre empresas, autónomos, corporacións locais e familias, precisamente o catro colectivos que necesitan agora unha maior protección e unha posta a disposición de liquidez para acometer cuestións que ten que ver coa difícil situación que estamos a atravesar pola crise do coronavirus.

Desde que se constituíu o Comité do Día Despois as miñas conversacións con ABANCA dirixíronse a pór en marcha este novo plan económico, cunha aposta pola dixitalización e a habitabilidade das vivendas, entre outras liñas, comenta, e agradece a ABANCA ?este compromiso que, xunto coa Deputación de Ourense, impulsa no territorio para a veciñanza da provincia, nun momento tan difícil que require de grandes solucións, valora Manuel Baltar.

Ao relanzar a nosa colaboración coa Deputación de Ourense -dixo Santiago Novoa-, ABANCA reafirma o seu compromiso coa provincia nun momento de especial dificultade. O noso obxectivo é contribuír a que Ourense, e en especial o seu tecido produtivo, poida neutralizar as consecuencias do COVID-19 e siga mellorando en aspectos como o emprendimiento, a competitividade empresarial, a eficiencia enerxética, a dixitalización e a habitabilidade dos fogares, explicou.

Condicións preferentes

A través do Plan Reactivación Ourense, ABANCA pon a disposición dos seus beneficiarios diferentes produtos financeiros deseñados para dar resposta ás necesidades das familias, as pemes, os autónomos, e as corporacións locais. A súa filosofía de máxima facilidade de acceso ao crédito tradúcese na ausencia de comisións por estudo, amortización ou cancelación anticipada, a existencia de amplos prazos de amortización e a posibilidade de acollerse a períodos de carencia en determinados casos.

No caso das pemes e autónomos o plan presta especial atención ás súas necesidades de financiamento a curto prazo. O catálogo de produtos inclúe dúas pólizas de crédito, unha delas de carácter especial destinada á cobertura das necesidades de circulante derivadas da crise do COVID-19. Outras finalidades contempladas polo plan son a creación de novos negocios, a realización de novos investimentos, o fomento da eficiencia enerxética e a dixitalización.

Os produtos para familias están orientados á adopción de enerxías renovables, a mellora enerxética e de accesibilidade no fogar, a dotación tecnolóxica, e a mellora da habitabilidade no medio rural. As corporacións locais contan con financiamento para a realización de investimentos, circulante, avais e confirming.

En 2019, baixo a denominación de Plan Activamos-Transforma Ourense, o tecido socioeconómico da provincia de Ourense recibiu financiamento por un importe acumulado de 16.3 millóns de euros. En total realizáronse 682 operacións de financiamento cun importe medio de 23.939 euros. Os principais destinatarios do financiamento concedido foron as pemes e autónomos, que protagonizaron o 96% das operacións realizadas. Desde a súa creación, en 2014, o plan inxectou preto de 97 millóns na provincia de Ourense para apoiar a familias, autónomos, empresas e corporacións locais