Manuel Baltar pide á dirección nacional popular que reclame o debido protagonismo das entidades locais na saída desta crise

O presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, pediu hoxe á dirección nacional do PP que reclame o debido protagonismo das entidades locais na saída desta crise sanitaria e económica, cunha decidido defensa da política provincial fronte a un goberno ?que non coordina, non achega, non axuda e só decepciona. Manuel Baltar trasladou esta petición durante a súa intervención na reunión que, por videoconferencia, mantivo o presidente nacional, Pablo Casado, cos presidentes provinciais populares e na que tamén participaron o secretario e vicesecretario xeral, Teodoro García Egea e Antonio González Terol, respectivamente.

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente dos populares ourensáns lembrou que o PP nacional xa deu os primeiros pasos para a defensa das entidades locais, incorporando á estrutura do partido unha secretaría de política provincial que entende que as provincias non só son circunscricións electorais e que realizan un traballo moi importante apoiando aos concellos e os seus habitantes.

Para Manuel Baltar, o Partido Popular está chamado a xogar un dobre papel neste momento, sendo espello de xestión alá onde goberne, sexan concellos, deputacións ou comunidades autónomas, pero tamén exemplo de oposición e exercela con lealdade.

Desgraciadamente, lamentou, a realidade reflicte que hai dúas formas de traballar e dous modelos, pondo como exemplo a provincia de Ourense. Por unha banda, dixo, pómonos a disposición do Posto de Mando Avanzado da Xunta de Galicia, achegando medios materiais e recursos humanos, e por outro nos topamos coa Subdelegación do Goberno e a Delegación do Goberno en Galicia que non teñen presenza algunha, non propoñen medidas e moito menos coordinan as actuacións das demais administracións.

En Ourense, explicou, desde a declaración do estado de alarma adoptamos a través da Deputación un amplo paquete de medidas, en especial de carácter social con axudas directas a quen sofren as consecuencias desta excepcional situación, ademais de constituír o Comité do Día Despois, para deseñar iniciativas que axuden á recuperación económica e ao emprego, contando para iso con empresarios, autónomos e entidades financeiras, entre outros colectivos e entidades.

Agora que se aveciña a ansiada desescalada, engadiu, as entidades locais temos que achegar as nosas ideas e propostas, pero nin se nos pediron nin creo que desde o Goberno estean en condicións de organizar nin coordinar nada.

Non é unha opinión, subliñou Manuel Baltar, senón unha constatación, onde a decepción é unha palabra que esta semana se escribe con maiúsculas, despois de participar en dúas videoconferencias con membros do Goberno central. Primeiro con Pedro Sánchez, ao que tiven a oportunidade de pedirlle máis coordinación, máis axudas e menos propaganda, e logo con tres ministros a cuarta vicepresidenta e ministra para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Teresa Ribeira; Sanidade, Salvador Illa, e Política Territorial, Carolina Darias- aínda que aínda hoxe non se para que, pois nin había orde do día, nin datos, protocolos, previsións e moito menos conclusións; é para asustarse ver en que mans atopámonos.

O presidente provincial do PP de Ourense, concluíu a súa intervención felicitando á dirección nacional popular polo seu traballo, que permite trasladar á cidadanía a mensaxe de que hai unha alternativa de goberno á situación caótica que está a demostrar Sánchez e o executivo socialista-comunista.