O PP do Carballiño solicita a convocatoria da comisión especial de terrazas

O GRUPO POPULAR SOLICITA A CONVOCATORIA DA COMISION ESPECIAL DE TERRAZAS, PARA TOMAR MEDIDAS QUE FACILITEN A APERTURA DAS MESMAS.

NA ACTUALIDADE ESTÁN SEN INFORMAR E SEN COMUNICIAR AS LICENZAS PARA A TEMPADA ESTIVAL QUE TIÑAN QUE COMEZAR O SÁBADO DE SEMANA SANTA. FAI FALTA AMPLIAR ESPAZOS DE FORMA EXCEPCIONAL E TEMPORALMENTE PARA QUE A OCUPACIÓN DE 1/3 PERMITIDA POLO ESTADO DE ALARMA FAGA VIABLE A APERTURA DE ESTABLECEMENTOS.

AVANTAR ACTIVIDADES

O chamado plan de desescalada anunciado polo Goberno de España prevé para a hostalería, na FASE 1, que comeza o 11 de maio, o seguinte:

 “Apertura de terrazas: limitarase ao 30% das mesas permitidas na os anteriores en base á licenza municipal asegurando distancias. Poderían ter maior número de mesas si o Concello permite máis espazo dispoñible, respectando a proporción mesas/superficie do 30% e cun incremento proporcional de espazo peonil no mesmo tramo da vía pública.”

E esta situación mudará na denominada FASE 3 que vai desde o 10 de xuño ata o 24 de xuño, que pasa a dicir o seguinte:

“En terrazas: limitarase ao 50% das mesas permitidas na os anteriores en base á licenza municipal asegurando distancias. Poderían ter maior número de mesas si o Concello permite máis espazo dispoñible, respectando a proporción mesas/superficie do 50% e cun incremento proporcional de espazo peonil no mesmo tramo da vía pública.”

Sendo que a partir de 24 de xuño, aínda está por determinar cal será a situación definitiva na que quedarán as terrazas, na denominada NOVA NORMALIDADE.

Ante isto, o Concello do Carballiño debería de reflexionar sobre esta circunstancia e na medidas das súas posibilidades facilitar que o sector da hostalería poida empezar a funcionar aínda que sexa baixo mínimos, para non caer en picado no desemprego, a desesperación ou mesmo no peche definitivo. Durante o período que dura a desescalada, o certo é que a cantidade de persoas circulando polas rúas do pobo será moi inferior á habitual, do mesmo xeito que a circulación en vehículos, polo que non é desatinado pensar que transitoriamente se poida facer unha excepcionalidade na ocupación de espazo público para que ese 1/3 inicial ou ese 50% da fase 3, sexa suficiente para garantir a apertura dos establecementos.

Pódense levar adiante moitas iniciativas como a peonalización de tramos de vías públicas, ocupación de prazas, ocupación de aparcamentos, etc e todo iso, por suposto de forma excepcional e mentres dure esta situación.

A data de hoxe, aínda están sen informar e moito menos sen comunicar aos titulares destas actividades as autorizacións pertinentes para a tempada estival que xa tiñan que estar desde o sábado de semana Santa, tendo en conta que se meteu o estado de alarma polo medio.

Ante isto, desde o Grupo Municipal do Partido Popular, procedemos a solicitar a convocatoria urxente da COMISIÓN ESPECIAL DE TERRAZAS, para a toma de decisións oportunas e comunicar a cada local de hostalería aquilo que lles sexa máis che conveniente, e todo isto de forma excepcional e temporal mentres non se teña máis información sobre como será contemplado o escenario de NOVA NORMALIDADE.