Sanidade da Xunta repartirá máscaras entre os pensionistas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

SANIDADE DA XUNTA REPARTIRÁ MÁSCARAS CIRÚRXICAS ENTRE OS PENSIONISTAS CON RENDAS INFERIORES A 18.000 EUROS AO ANO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os beneficiarios serán ademais destes pensionistas os perceptores de rendas mínimas de inserción e parados sen prestación de desemprego entre outros colectivos. Así, vanse distribuír preto de 2,2 millóns de máscaras cirúrxicas, distribuídas en 719.000 paquetes, no marco desta iniciativa que conta cun orzamento de 952.187 euros.

O reparto de tres máscaras de xeito gratuíto nas oficinas de farmacia para aquelas persoas que aporten na tarxeta sanitaria o 0% e o 10%, contribuirá á protección das persoas con maior vulnerabilidade aos efectos do COVID-19 e permitirá que poidan dispoñer de máscaras cirúrxicas para cando se inicie o desconfinamento. Esta inciativa beneficiará a 718.562 persoas.

Para levar a cabo esta acción, a Xunta de Galicia conta coa colaboración dos Colexios Farmacéuticos de Galicia.

VIDEO