O coronavirus “marchita” as floristerías pero o día da nai fainas florecer de novo

IES CHAMOSO LAMAS

As floristerías, cun produto perecedeiro, levaron un duro golpe as súas economías coa entrada en vigor do estado de alarma. Nin bodas, bautizos ou comunións, nin funerais, nin San Valentín, nin Semana Santa… os seus negocios están pechados xusto na tempada alta deste sector. O Día da Nai é unha das xornadas nas que mais venden ao ano. Por iso, co desconfinamento a volta da esquina e a reapertura dos seus negocios mais preto que nunca, comezan a reactivarse coas encargas para entrega a domicilio que xa están facendo moitos clientes para agasallar as nais.

Tal e como sucede noutros sectores comerciais, as inquietudes económicas súmase agora a preocupación por deseñar a reapertura ao público con moitas dúbidas sobre cómo deberán facelo para garantir a saúde dos clientes e a súa.

HIPER MASIDE

VIDEO