O movemento volveu as rúas con bastante confusión en canto as novas Normas

O MOVEMENTO VOLVEU AS RÚAS CON BASTANTE CONFUSIÓN EN CANTO AS NOVAS NORMAS A RESPECTAR

A pesar de que moitos respectaron os horarios e normas de distanciamento social, a confusión tamén foi recurrente entre moitos dos paseantes. Os lugares onde mais xente se xuntou foi no paseo do río Arenteiro e na zona de Corzos. A problemática, algún pasaron do kilómetro permitido e incluso, algún, sen darse conta, chegaron co paseo a outro municipio, como o de Maside, que non está permitido ainda. Outra das queixas da Policía Local é que os veciños caminaban en grupos de xente que non eran os convivintes e facían corrillos para charlar.

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO

A pesar diso, a ledicia que xa a comezaron a poñer os cativos cando empezaron a saír a fin de semana anterior foi a tónica da fin de semana co primeiro día de saída dende hai preto de 50 días, no que puidemos estar fora da casa simplemente polo gusto de saír, sen ningún motivo de necesidade.

As restriccións nas saídas foron distintas segundo o municipio de residencia. Na nosa contorna, os únicos vecinos que tiveron que respectar as franxas horarias por idades para saír a rúa foron os de Ribadavia e os do Carballiño. En concellos como Maside, por exemplo, os veciños puideron pasear a calquera hora do día.

Dende primeira hora da mañá, os adultos mais madrugadores puideron saír a facer deporte de xeito individual ou a pasear con seus convivientes. Moitos deles aproveitaron para achegarse a zona do parque municipal do Carballiño e o paseo fluvial, zonas das mais concurridas.

Ainda que uns respectaban as distancias de seguridade e as medidas de protección os sanitarios lembran a recomendación de levar mascarilla cando imos estar en situacións nas que se fai difícil manter os dous metros de separación con outras persoas.

De dez a doce chegou a quenda dos maiores de setenta anos. O grupo de persoas que despois dos nenos, mas tempo estiveron confinados. Hai xente maior que vive soa e agradeceron moito poder saír e ainda que foxe de lonxe, ter algo de contacto social.

Entre as 12 e as 19h os mais pequenos da vila encheron as rúas coas súas risotadas, desfrutando ademáis da chegada do bo tempo.

Todo o mundo saíu feliz á rúa. Se antes o feito de saír da casa non tiña importancia, agora xa fai que día sexa especial.

A última hora da tarde, primeiramente os maiores de setenta e despois o resto das persoas a partir de 14 anos, desfrutaron ao máximo das últimas horas de sol percorrendo cada recuncho da vila.