Onte reunión de Fumega cos voceiros

MAÑÁ DE REUNIÓNS E ACORDOS NO CONCELLO DO CARBALLIÑO. PRIMEIRO COS PORTAVOCES DA OPOSICIÓN PARA PECHAR O PLAN ECONÓMICO E DESPOIS COS CONCELLEIROS PARA TRATAR AS NOVAS MEDIDAS DO DESCONFINAMENTO

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

Esta mañá tivo lugar a segunda reunión entre o alcalde Francisco Fumega e os portavoces do PP, Espazo Común e BNG para consensuar o plan económico de 1.200.000 euros que inclúe distintas medias coas que paliar a crise do covid19 e que suporá a modificación dos orzamentos deste ano 2020. Este plan porá as bases para que a recuperación sexa o mais rápida posible.

Francisco fumega anunciou que a comisión previa ao pleno tería lugar este mércores e que o pleno finalmente se convocaría para o seguinte martes. Ademais do plan económico fronte o covid19, tamén levaráse a pleno o debate e aprobación da ordenanza de emerxencia social cun incremento de 30.000 euros na súa partida; e o Priego de condicións para sacar a concurso por dous anos o servizo de axuda no fogar que pasaría de ter adxudicados 420.000 euros para sufragarlo, a mais de 900.000 euros.