Deputación e os economistas de Ourense inician o seu asesoramento aos afectados polo COVID-19

O Colexio de Economistas de Ourense porá en marcha o servizo de asesoramento no ámbito fiscal, laboral e financeiro ofrecido por profesionais economistas da provincia de Ourense e que contribuirá a paliar a diminución da capacidade económica padecida por empresas, autónomos e cidadáns da provincia con motivo da crise sanitaria provocada polo COVID-19 e que derivou nunha crise económica sen precedentes a nivel mundial.

Este xesto, que responde o acordo de colaboración establecido o pasado venres 17 de abril entre a Deputación de Ourense e o Colexio de Economistas de Ourense, tivo unha gran acollida entre os membros da corporación de economistas que desenvolven a súa actividade por conta propia, manifestando o seu desexo de contribuír á causa unha trintena de expertos nas materias mencionadas.

AVANTAR ACTIVIDADES

O éxito desta iniciativa queda patente no número de solicitudes que xa se recibiron a través do correo electrónico do colexio (colourense@economistas.org) desde que os medios de comunicación fixéronse eco do acordo. Ademais desta vía de recepción e comunicación, os interesados e candidatos a este servizo poden contactar coa entidade colexial a través de WhatsApp ao número 609130072 e da liña gratuíta 900701326. O profesional asignado para o desenvolvemento do servizo solicitado contactará co demandante do mesmo nun prazo máximo de 24 horas.

Co fin de contribuír a sufragar os custos derivados dos servizos prestados polos profesionais implicados nesta acción social, a Deputación de Ourense tramitará e concederá á entidade profesional unha subvención mensual que en cómputo total alcanzará os 12.000 euros. Nun principio, e como queda recollido no concerto rubricado, esta dotación dará cobertura a todas as solicitudes recibidas durante os meses de maio e xullo, facéndose extensible ao mes de setembro, se así se requirise.

O acordo asinado días pasados polo presidente do Goberno provincial, Manuel Baltar, coa presidenta do Colexio de Economistas de Ourense, María del Carmen Sampayo, permite pór a disposición da cidadanía dos concellos de menos de 20.000 habitantes un servizo de asesoramento fiscal, laboral e financeiro destinado a particulares, comerciantes, Pemes ou profesionais que visen a súa economía danada pola crise de coronavirus. Neste sentido, Baltar valora moi positivamente o acordo polo que supón de medida práctica, eficaz e inmediata para loitar contra os graves efectos económicos que está a causar a crise sanitaria na nosa provincia