O IES Chamoso Lamas entrega 50 ordenadores para que o 100% do alumnado teña acceso á formación telemática

O INSTITUTO CHAMOSO LAMAS DO CARBALLIÑO ENTREGA 50 ORDENADORES PARA O 100% DO ALUMNADO TEÑA ACCESO Á FORMACIÓN TELEMÁTICA. METODOLOXÍA QUE AINDA NON SE SABE CON SEGURIDADE SI TERÁ QUE UTILIZARSE NO VINDEIRO CURSO.

A incertidume na evolución da epidemia de coronavirus fai que os centros educativos ainda non coñezan con seguridade se o vindeiro curso será presencial ou telemático.

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO

O Goberno prevé a volta ás clases para os cativos menores de seis anos cuxos proxenitores traballan fora da casa, para os estudantes de 4º da ESO, 2º de Bacharelato ou 2º de FP e tamén para os alumnos de Primaria e Secundaria con necesidades de reforzo.
O Goberno atrasou a volta ao colexio ata o mes de setembro, co comezo do seguinte curso, pero cada vez dubidan mais que o vindeiro curso vaia a ser presencial. A ministra de Educación, Isabel Celaá, adiantou onte que “se non hai vacina, os centros educativos terán a metade de alumnado nas aulas”. Cos cursos completos non se pode garantir a distancia de seguridade.

O Instituto Chamoso Lamas ven de entregar 50 ordenadores aos alumnos para garantir que todos dispoñan dos medios necesarios para seguir as clases telemáticas. Clases que, continúan sendo de reforzo dos contenidos anteriores xa que a terceira evaluación non é avaliable.

Para que os alumnos de 2º de Bacharelato realicen as probas da ABAU en xullo, estase xa valorando atopar mais ubicacións de aulas, incluso no Carballiño, para que os alumnos fagan a proba gardando a distancia social esixida.

No caso dos alumnos dos ciclos de formación profesional a cousa complicase para facer as prácticas, os que non podan, entregarán un traballo no seu lugar.