Ribeiro en Común pide que se aumente o Plan de Axudas do Concello

Reclamamos un verdadeiro pacto municipal de todos os grupos para afrontar esta crise.

O goberno local recortou e eliminou partes moi importantes da nosa Moción presentada fai un
mes. Ademais de eliminar o Plan Social de axudas a parados, tamén recortan a cantidade
destinada a Autónomos. Non podemos apoiar un plan que se esquece dos máis vulnerables nesta crise. Esiximos que se volvan incluír para poder apoiar este plan.
Esiximos que se dupliquen as cantidades das axudas en base ao reaxuste de partidas festivas e deportivas que non se van celebrar pola crise, e tamén de obras que non son unha prioridade
neste momento.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ribeiro en Común reclama que se dupliquen as axudas a autónomos de 300 a 600 euros, e que o reparto e adxudicación sexa progresivo en base ás súas necesidades.

E se aumente a partida de 100.000 euros a 180.000 euros que o noso grupo propón.

O noso grupo non pode compartir o criterio lineal de reparto do goberno, que é darlle 300 euros a todos os autónomos independentemente da rendas e tipos de negocios que teñan, neste sentido non compartimos que se estableza o límite de renda tan alto aos solicitantes de axudas públicas, a alcaldía establéceo en case 40.000 euros de renda netos.

Ribeiro en Común sempre defendeu que estas axudas tiñan que ser para aqueles autónomos que máis o necesita, e priorizar aquelas familias onde o negocio autónomo é o único ingreso.

Así mesmo, o noso grupo non entende nin pode compartir a causa que levou ao goberno a retirar toda a liña de axudas sociais a parados, tal e como recollía a nosa Moción.

Así, Ribeiro en Común reclama que para contar cos seus votos no Pleno se inclúa:

– Aumento de partida de 100.000 euros a 180.000 euros.

– Aumento de límite de 300 a 600 euros.

– Cambio dos criterios de reparto para convertelas en AXUDAS PROGRESIVAS en función da necesidade dos autónomos. Redución do límite de renda, pasar de case 40.000 euros

– Creación de axudas a parados e paradas que non estean protexidas por ERTES e cuxa situación na unidade familiar é de non contar con ingresos.

– redución dos prazos e burocracia, de un mes que propón o goberno a 15 días naturais.

O diñeiro público é limitado polo tanto o responsable e necesario nesta crise é axudar a quen máis o necesita, e non darlle a todos o mesmo.

A alcaldía pretende impoñer unha axudas inxustas que non prioriza a quen máis o necesita, e unhas axudas que ademais son moi limitadas e reducidas porque desde a Alcaldía se prefire manter partidas de eventos deportivos e festivos que non se van a poder realizar pola crise, e obras públicas que neste momento non son a prioridade.

Ribeiro en Común propón medidas valentes e ambiciosas que deben pasar por reducir partidas de eventos deportivos e festivos que non se van celebrar, ou de obras que agora mesmo non son prioritarias e cuxas cantidades hai que destinar a solventar a crise. Modificacións que Ribeiro en Común propón e que todo o mundo vai entender dada a situación de grave crise que padecemos. Non ten sentido nin é admisible que a alcaldía opte por unha proposta que é un brinde ao sol e que vai deixar abandonada a moita xente que o necesita.

Non compartimos a actitude da actual alcaldía e denunciamos que opte pola campaña propagandística no lugar de buscar solucións aos problemas que a nosa veciñanza está a padecer.

De continuar a irresponsabilidade do goberno local, Ribeiro en Común reclama un verdadeiro pacto municipal de todos os grupos para afrontar esta crise, véndonos obrigados os grupos a dar un paso adiante no compromiso coa gobernabilidade real do noso Concello, nun momento no que os nosos veciños máis necesitan da súa institución. Non podemos permitir que o Concello estea en situación de bloqueo pola incapacidade da actual alcaldía para buscar acordos e consensos, cando máis o necesita a cidadanía ribadaviense