Pleno no Concello de Ribadavia

O CONCELLO DE RIBADAVIA DEBATIRÁ A MOBILIZACIÓN DE 100.000 € PARA A COBERTURA DE GASTOS FIXOS DE  AUTÓNOMOS E P.E.M.E.S. NO PLENO EXTRAORDINARIO QUE SE CELEBRARÁ HOXE XOVES 7 DE MAIO

un Pleno para aprobar esa modificación orzamentaria, proposta polo grupo de goberno, que permita mobilizar 100.000 € para dotar esta primeira liña de axudas que se enmarca no contexto do Plan de Apoio e Dinamización do Tecido Empresarial e Comercial de Ribadavia.

AVANTAR ACTIVIDADES

Con esta liña de axudas preténdese contribuir a costear os costes fixos de autónomos e P.E.M.E.S. que están atravesando dificultades dende a declaración de estado de alarma. Esta primeira liña de axudas pretende ser complementaria ás liñas que vaian implementando outras administracións.

VIDEO

O alcalde de Ribadavia, César Fernández sinalou que “A idea é establecer unha primeira liña de axudas directas coa intención de establecer unhas axudas individuais dun importe lineal de 300€ por beneficiario para cobertura de gastos fixos de autónomos e PEMEES e, posteriormente, en función do estado de execución orzamentaria, poderanse implementar novas liñas de axuda”