Suspendido o festival UKP Day

SUSPENDE TAMÉN O FESTIVAL UKP Day QUE TERÍA LUGAR O PRIMEIRO SÁBADO DE XUÑO

O UKP DAY (Festival de Arte, Música, Gastronomía e D.I.Y_DO IT YOURSELF_ que ten como protagonista ao ukelele, Íase celebrar o vindeiro sábado 6 de xuño no Castelo Medieval de Ribadavia.

AVANTAR ACTIVIDADES

A organización lamenta non poder levar a cabo a quinta edición tal e como a tíñamos previsto, cun cartel que xa tiñamos fechado ao 100% e composto por bandas galegas e portuguesas, coa idea de por en valor o noso territorio e o do país veciño. Pero a saúde de todos, sen dúbida, é o mais importante.

Estamos a traballar na posibilidade dun plan B e non descartamos poder facer o festival máis adiante, pero a día de hoxe non contamos con datos precisos sobre como vai ser a denominada “nova normalidade” en canto a aforos, restricións, medidas sanitarias, etc… Unha incerteza que, de momento, nos obriga a cancelado.