O Goberno central xa pagou a prestación extraordinaria a 8.031 autónomos de Ourense, fronte á propaganda de Alberto Núñez Feijóo, Manuel Baltar e Gonzalo Pérez Jácome, que levan case dous meses instalados nun “carrusel de anuncios pantasma que non se materializaron en axuda algunha para galegos e ourensáns”.
Durante os meses de marzo e abril, o executivo abonou 5.269 prestacións por cese de actividade e 2.762 por redución do 75 % dos ingresos. A porcentaxe de solicitudes favorables sobre o total (8.133) acada o 98,7 % e protexe a máis dun terzo deste sector.
Juan Carlos Francisco destaca que “o goberno do PSOE cumpre con Ourense” e recorda que na anterior crise “o PP empurrou a autónomos ou empregados por conta allea a ir directos ó paro e á ruína”
A porcentaxe de resolucións favorables desta prestación extraordinaria que se estenderá logo da fin do estado de alarma acada o 98,7 % das solicitudes e protexe a máis dun terzo deste sector
O Goberno central xa pagou a prestación extraordinaria a 8.031 autónomos de Ourense, fronte á propaganda de Alberto Núñez Feijóo, Manuel Baltar e Gonzalo Pérez Jácome, que levan case dous meses instalados nun “carrusel de anuncios pantasma que non se materializaron en axuda algunha para galegos e ourensáns”. Durante os meses de abril e maio, o executivo abonou 5.269 prestacións por cese de actividade e 2.762 por redución do 75 % dos ingresos. A porcentaxe de solicitudes favorables sobre o total (8.133) acada o 98,7 % e protexe a máis dun terzo deste sector.
O senador socialista, Juan Carlos Francisco, destaca que “o goberno do PSOE cumpre con Ourense e seguirá a facer o mesmo durante todo o tempo que sexa necesario con esta a con outras axudas extraordinarias nunca antes vistas”. “Na anterior crise o PP empurrou a autónomos ou empregados por conta allea ó paro e á ruína”, recorda antes de sinalar que fronte aquel “vergonzoso abandono” o actual executivo de Sánchez “xa ingresou 9.437.606 euros ó conxunto de autónomos e autónomas ourensáns afectados pola pandemia e reintegrou as cuotas de afiliación cobradas”.
Francisco recorda que o Goberno central tamén pagou, ata o de agora, “case 30 millóns de euros a 30.075 persoas da provincia incluídas en ERTE” logo de aprobar “por primeira vez na historia” un “extraordinario e titánico sistema de protección social para axudar agora e durante os próximos meses a decenas de miles de ourensáns, independentemente de que sexan empregados en ERTE, autónomos, empregadas do fogar ou persoas sen recursos”. “Esta crise non a van pagar os mesmos de sempre porque a diferencia das anteriores, agora hai un goberno socialista que pon o seu foco nas persoas e non nos lobbies”, insiste antes de salientar que “o PP votou nas Cortes Xerais en contra destas
medidas mentres Feijóo, Baltar ou Jácome facían propaganda reclamando o que seu partido rexeitaba”.
Á prestación extraordinaria para autónomos ten acceso calquera traballador ou traballadora por conta propia, que se vexa afectado polo peche debido á declaración do estado de alarma ou cuxa facturación caia un 75% respecto á media mensual do semestre anterior. No caso dalgúns colectivos como o réxime agrario, do mar ou da cultura e o espectáculo, o período de cálculo adáptase ás súas peculiaridades. Os beneficiarios que poidan abrir o seu negocio ou retomar a actividade durante a desescalada, seguirán percibíndoa ata o último día do mes que finalice o estado de alarma e, na actualidade, o Goberno central está a tramitar os cambios lexislativos necesarios para estender a súa vixencia trala fin deste estado excepcional, ao igual que cos ERTE