O doutor Martin Nogueira advirte do perigo de relaxar as medidas de protección e hixiene durante a fase 1

O pediatra do Carballiño Martín Nogueira foi moi duro hoxe coa valoración do comportamento que tivemos nas primeiras saídas nesta fase 1. Se é certo que foi un dos que recomendou permitir as saídas dos nenos, sempre pedíu responsabilidade ao facelo.

Dende o luns di que viu demasiados abrazos nos reencontros, xente amontonada nas terrazas e ao redor delas. Coa efusividade e as ansias do primeiro día di que parecía case que estabamos en festas, bebendo mais da conta e descontrolándonos sen gardar as distancias recomendadas.

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO

Martin Nogueira quixo deixar moi claro que non é que haxa que sair triste a rúa, nin moito menos, pero non podemos baixar a garda en ningún momento. Mentres siga morrendo xente cada día, xente maior e xente xoven, non podemos saír da senda da responsabilidade.

Lembra ademais que é unha enfermidade que nalgúns casos deixa secuelas pulmonares e de circulación e a maiores, se hai un rebrote de coronavirus advirte que os sanitarios están agotados de todo o tempo que levan sen descanso ao pé do canón.