A iniciativa da Delegación da Xunta e en colaboración co RC Celta se repartirán 11.000 mascarillas coas cores e o escudo celeste entre as mozas e mozos vigueses

A nova actuación da sede autonómica súmase ás numerosas accións que desde o inicio da crise sanitaria promovéronse desde a Xunta na loita contra o COVID-19

O Club e a Fundación facilitarán a tela necesaria para confeccionar as unidades que serán repartidas de balde nas farmacias e nas parroquias a través de Cáritas

AVANTAR ACTIVIDADES

Unha tela especial que loce a identidade do club, “un referente de unión para a veciñanza no camiño ás seguintes fases ”, en palabras da delegada Corina Porro

Estas unidades serán confeccionadas pola rede de costura formada por 300 voluntarios, que forman parte doutra das iniciativas da delegación viguesa

A representante autonómica agradeceu a implicación e disposición do Club e da Fundación na actual situación, “sempre houbo un si a calquera das nosas propostas”

A Xunta de Galicia, a través da Delegación Territorial de Vigo, segue a poñer en marcha medidas encamiñadas á protección da cidadanía nesta loita conxunta contra a COVID-19. A última destas iniciativas implica a o Real Club Celta de Vigo e a súa Fundación, entidades ás que a delegada territorial, Corina Porro, agradeceu a súa implicación e disposición desde o primeiro momento: “Sempre houbo un si pola súa parte a calquera das propostas que lles presentamos”, aseverou.

Nun acto conxunto celebrado na entrada principal da sede viguesa, a representante autonómica e o director da Fundación Celta de Vigo fixeron pública esta última actuación que consiste na confección de 11.000 novas mascarillas para os nenos e nenas e mozos e mozas vigueses, e que serán distribuídas de balde na rede e farmacias e nas parroquias a través de Cáritas.

Unha acción conxunta que suma ás numerosas accións que desde o inicio da crise sanitaria promovéronse desde a Xunta na loita contra o COVID-19 e tamén desde o propio Real Club Celta e a súa Fundación.

Segundo sinalou Corina Porro, o Club e a Fundación facilitarán a tela necesaria para confeccionar as unidades, unha tela especial que locerá a identidade do club, “un referente de unión para a veciñanza neste camiño conxunto que nos levará a superar as seguintes fases ”, en palabras da delegada. Serán por tanto en color celeste e levarán impreso o escudo do Real Club Celta de Vigo.

Un deseño que se ocupará de facer realidade a rede de costura integrada por 300 voluntarios e voluntarias, que forman parte doutra das iniciativas da delegación territorial, e que serán as encargadas de confeccionalas.