O Xefe da Policía Local do Carballiño informa que xa foi multado un bar por incumplir as novas normas da fase 1

Foi na primeira noite de apertura das terrazas cando a Policía Local do Carballiño tivo que actuar porque nun establecemento había dous clientes no interior estando prohibido. Esta foi a norma incumplida. Tamén deuse outra situación denunciable pero neste caso por unha infracción da ordenanza por sobrepasar sobradamente a hora de peche da terraza doutro bar do Carballiño. A pesar disto, a policía asegura que o comportamento xeral do hostaleiros e clientes é o adecuado.

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

e falamos agora da preocupación que xurdiu no carballiño pola posibilidade de que haxa unha persoa enferma de coronavirus que saia a rúa. a policía local dí que o recomendable non é publicar esa situación nas redes sociais se non que se temos coñecemento certero diso, o denunciemos ante as forzas e corpos de seguridade do estado.

De feito, o Xefe da Policía Local do Carballiño, Francisco Valeiras xa reclamou hai semanas, ter acceso as identidades dos casos positivos do Carballiño para poder facer un seguimento do cumprimento da cuantena, sen iso, síntense impotentes a hora de actuar. Lembramos que no Carballiño, hai a día de hoxe, segundo os datos do centro de saúde, 9 CASOS ACTIVOS en seguimento.