Obras en Carballeda de Avia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

OBRAS CARBALLEDA DE AVIA. DEPURADORA NOVA EN VILAR DE CONDES E ARRANXO DO PAVILLÓN DE DEPORTES DE ABELENDA

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( CHMS), realiza as obras de depuración do núcleo de Vilar de Condes en Carballeda de Avia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O sistema de depuración que tiña anegábase cando se producían avenidas do río Campolongo e vertía ao cauce do río. A obra desta nova estación de depuración de augas residuais conta cun investimento de 170.000 e financiase nun 80% pola confederación e o 20% restante polo concello . O alcalde, Luis Milia, asegura que o 95% do concello xa non teñe fosas sépticas.

VIDEO

Tamén están a piques de comezar as obras no pavillón deportivo de Abelenda para aranxar os danos que fixo o pasado temporal do mes de decembro. A través do Plan Provincial, destinaránse preto de 60.000 euros para volver a por a punto o pavillón. Unha instalación que foi reformada hai pouco despois de que quedara afectada polo incendio de octubre do ano 2017.