Dende que se dispararon os valores de arsénico na rede de abastecemento de auga potable no pasado mes de outubro de 2019, o goberno municipal do Concello de Castrelo de Miño, prohibiu o consumo humano de auga nas aldeas abastecidas pola etapa coto novelle. Ao mesmo tempo, trasladou á Deputación Provincial a necesidade da instalación urxente dun filtro de arsénico en dita ETAP, para reducir os valores do mesmo, e devolver o servizo aos parámetros que marca sanidade.
O alcalde, Esteban Suárez Méndez, adquiriu o compromiso de colaboración en novembro do pasado ano, e dende entonces, puxo a disposición auga embotellada para toda a veciñanza afectada por esta situación, incluso levándoa a domicilio cando entramos na crise sanitaria provocada polo COVID-19.
Os pasos burocráticos tedios, que sempre atrasan as
solucións, foron:
• Redacción dun proxecto – memoria de viabilidade.
• Obtención de partida orzamentaria para o 2020.
• Encargo e fabricación, baixo pedido, do filtro.
• Transporte ata Castrelo de Miño.
• Firma do decreto por parte da Deputación no que se
cede o uso ao Concello en canto dure a problemática
dos parámetros elevados de arsénico, con mantemento
a cargo do ente municipal e instalación por conta do ente
provincial a través da empresa concesionaria
Aquaourense.
Actualmente estase preparando toda a ETAP para a instalación do filtro, e agárdase que quede instalado na semana do 18 – 22, co cal, o alcalde prevé que os veciños afectados poidan volver a consumir auga da traída en condicións saudábeis a finais do presente mes.
Dende o goberno municipal do concello de Castrelo de Miño agradecen a colaboración do ente provincial, pero son conscientes de que esta medida é “un parche” e que pode haber problemas a curto prazo noutras redes de abastecemento municipal, dado que a problemática do arsénico está presente en todos os mananciais do concello.
Polo que seguirán traballando no proxecto, xa desenvolto, da creación/ampliación dun macro-bombeo dende o río Miño que poida surtir a todas as redes de abastecemento que hai na actualidade en todo o municipio.