Comunicado do Concello sobre as Letras Galegas

O Concello agarda poder desenvolver todas as actividades previstas pola celebración das letras galegas en outubro, coincidindo coa nova data establecida pola real academia galega

O Servizo de Normalización Lingüística do concello do Carballiño tiña previsto desenvolver unha sertie de actividades co gallo da celebración das Letras Galegas, que este ano se lle adica a Ricardo Carballo Calero. E tamén estaba previsto levar a cabo un recital poético o propio 17 de maio, tal e como se veu realizando os últimos anos. Sen embargo, pola pandemia do Covid-19 todas as actividades quedaron aplazadas, esperando que se podan desenvolver no mes de outubro, coincidido coa nova data establecida pola Real Academia Galega.

AVANTAR ACTIVIDADES

Entre estas actividades, que xa estaban contratadas, figuran:

-Unha obra de teatro no auditorio Manuel María dirixida a alumnado 2º ciclo da ESO, baseada no libro 4 pezas (A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbore e Auto do prisioneiro) de Ricardo Carballo Calero). Estaba previsto repartir 200 exemplares da citada obra para que a traballaran nos respectivos institutos antes da súa representación.

-Obradoiro nos centros de primaria da vi. 'Lingua Forza 3' Nesta actividade mistúranse as áreas de lingua coa de educación física. Comunícaselle aos nenos/as que se detectou un virus que atrofia os músculos do corpo, especialmente a lingua, e que temos que lles realizar unha serie de probas para coñecer o alcance de infección. Son tres probas nas que analizamos a habilidade, resistencia e velocidade lingüística, física e mental. Feitas as probas, facemos un diagnóstico e poñémoslles un tratamento para botar fóra o virus.

– Obradoiro de taboleiros medievais no que descubriremos como se entretiñan e a que xogaban os/as nenos/as (e non tan nen@s) na idade media), e como esa pegada quedou plasmada no legado artístico da comarca. Para este obradoiro hai prazas limitadas, anotarse no SNL.

Tamén estaba previsto editar un marcapáxinas para agasallar ao alumnado e veciños/as, e que tamén se pospón para o mes de outubro.

Ademais, íanse realizar diversas actividades de contacontos e obradoiros na sala infantil e xuvenil da Biblioteca Pública Municipal, que tamén se aprazan para outubro.