Carvalho Calero en boca de DAR TRELA

O grupo de treatro Dar Trela do Carballiño celebra o día das Letras Galegas nas redes sociais. Este grupo teatral leva dende finais de marzo traballando de xeito online coa primeira CTT da historia, comedia teatral telemática, con diferentes seccións nas que colgan vídeos sobre cantas maneiras hai de dicir queda na casa ou que se pode facer dentro da casa.

Dar Trela non quixo perder a oportunidade de facer unha homenaxe a Ricardo Carvalho Calero. Seleccionaron fragmentos entre as súas obras e cada compoñente do grupo fará unha lectura interpretada e caracterizada que subirá a rede social facebook. Así no lo contou Clara Vázquez.

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO