A Deputación máis social da historia

Reunión de constitución do Consello Social Provincial de Ourense no Centro Cultural "Marcos Valcarcel”. Preside Manuel Baltar (Presidente Deputación Ourense), acompañdo por Rosendo Férnandez (VicePresidente Deputación Ourense), Pablo Pérez (Deputado Provincial), e demais maembros do ámbito social de Ourense.

Estamos nunha etapa de marcada solidariedade institucional e a Deputación de Ourense é a máis social de toda a súa historia . Así resume o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar esta nova forma de facer política, priorizando a acción social, adaptando toda a nosa xestión para facer fronte ás consecuencias sanitarias, económicas e sociais do COVID-19. O noso obxectivo: as persoas?, afirma o presidente Baltar.

Proba diso é o notable incremento que experimentaron as partidas orzamentarias neste ámbito e o número de beneficiarios. Programas como ChegOU e Termalismo solidario e as subvencións a entidades sociais, a Teleasistencia 900 e o programa ComerciOU deron un xiro á política provincial que impulsa o presidente Baltar, co obxectivo posto nos colectivos que traballan en labores sociais, así como nas liñas asistenciais que desenvolven os concellos, priorizando desta maneira ás familias, os comerciantes, os autónomos e as Pemes por encima de proxectos de infraestruturas e servizos en xeral, que deben quedar nun segundo plano nestes momentos de crises , destaca Manuel Baltar.

AVANTAR ACTIVIDADES

A área de Benestar recolle nun informe as transformacións que, neste sentido, experimentou a xestión pública da Deputación de Ourense desde o 16 de marzo, cun cambio interno de procedementos (do traballo presencial polo traballo a distancia) e cambios na organización e a relación entre traballadores. Os obxectivos: priorizar a saúde dos cidadáns, atendéndoos unicamente a través de teléfono, correo electrónico, chatbox, administración electrónica, web ou calquera fórmula que non implique contacto físico; priorizar a saúde dos empregados públicos; e pór en marcha fórmulas de organización eficaces na atención ao cidadán e ás administracións locais, para non xerar atraso nos expedientes e preservar os tempos de xestión e resolución de solicitudes.

Nestas últimas semanas, a área de Benestar puxo en marcha novas iniciativas (Teleasistencia 900 e Entidades Sociais COVID19), que se suman a convocatorias publicadas neste mes (SAF municipal, Puntos PAI e Servizos complementarios) e ás que se engaden outras como ComerciOU e Veciñ@s.

Este reforzamento social por parte da Deputación de Ourense, en consonancia coa súa políticas fronte ao reto demográfico, permitiu, por exemplo, que o investimento en Teleasistencia 900 -o programa que ten como obxectivo facilitar o acceso a persoas maiores que vivan soas a un servizo de teleasistencia- incremente a súa dotación económica de 300.000 euros previstos para todo o ano 2020 a 450.000 euros investidos nestas semanas de crises do COVID-19. O servizo de Teleasistencia 900 compleméntase con KITS autoinstalables, adaptados á modalidade telefónica e ás características psicosociais de cada usuario, quen terán todas as prestacións ao seu alcance, incluída os dispositivos de chamada de emerxencia ante caídas ou indisposicións en calquera lugar da súa casa.

Desde os servizos sociais de 47 concellos solicitáronse 138 altas ao novo servizo de Teleasistencia 900, e o número medio de días entre a data de solicitude e o alta 900 durante o estado de alarma foi de 11.96 días.

Programa ChegOU

Polo que respecta ao programa de fomento da natalidade co cartón ChegOU -para adquisición de material para recentemente nados-, a Deputación de Ourense destinou neste período 400.000 euros (cantidade prevista para todo o ano 2020), con 429 solicitudes presentadas a data de 9 de maio, sendo o tempo medio desde que se solicita o cartón ata que se envía ao usuario de 45,4 días. En cinco anos, máis de 5.600 familias ourensás beneficiáronse desta medida, que ten especial relevancia nestes momentos de crise sanitaria, no que as iniciativas da Deputación centran a súa estratexia na saúde e o benestar social e económico.

A Deputación de Ourense é a única de Galicia e unha das poucas de España que dispón dun programa de axudas por nacemento ou adopción, acción política na liña das iniciativas que desenvolve o goberno provincial para facer fronte ao reto demográfico, por exemplo o programa EmprendOU, para proxectos empresariais ou de autoemprego en municipios rurais en declive demográfico da provincia de Ourense.

Entidades sociais

En canto a entidades sociais, a Deputación incrementou de 300.000 euros (previstos para todo 2020) a 600.000 euros neste período de crise, o orzamento destinado a asociacións e colectivos do ámbito social da provincia. O obxectivo destas axudas é potenciar as actividades relacionadas coa atención urxente ou as que estean relacionadas ou derivadas da crise sanitaria do Covid-19, dada a excepcional situación e os prexuízos que está a ocasionar e as situacións de risco nas persoas socialmente máis vulnerables, quen precisan dunha resposta rápida e adecuada por parte das institucións en forma de medidas paliativas dos efectos negativos desta crise.

Para levar a cabo esta liña de axudas deseñouse un programa de emerxencia para entidades sociais sen ánimo de lucro, xa que estas dispoñen de redes de atención ás persoas vulnerables, así como de mecanismos áxiles de resposta dinámica fronte ás demandas de asistencia social que se van presentando.

Termalismo solidario

En canto ao programa de ?Termalismo solidario -unha iniciativa pioneira en España, dirixida a persoal sanitario e das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para que poidan recuperarse nun balneario ao termo da crise sanitaria-, o orzamento incrementouse de 90.000 a 120.000 euros. En canto ao operativo e organización, durante a semana pasada mantivéronse contactos cos balnearios para estudar a posible data de reapertura dos establecementos termais e planificar a estratexia respecto diso. O programa consiste en subvencionar en balnearios da provincia de Ourense programas de estancias e tratamentos para persoal sanitario e das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

ComerciOU

No que se refire ao programa ComerciOU (bases publicadas o pasado 28 de abril no BOP) houbo xa 1.057 solicitudes cumprimentadas on-line desde os servizos sociais comunitarios dos concellos e 728 solicitudes rexistradas ante a sede electrónica da Deputación de Ourense. Esta iniciativa, para a que a Deputación de Ourense destina 450.000 euros, é un programa exprés de axudas económicas para persoas que residan en concellos de menos de 20.000 habitantes e que pertenzan a colectivos especialmente vulnerables na actual situación de estado de alama. O obxectivo desta medida é ser un programa exprés-ponte ata que as persoas vulnerables reciban as axudas doutras administracións para gastos en comercio de proximidade, e á vez, seguir impulsando medidas que favorezan o afianzamento da poboación no rural, unha das políticas prioritarias da Deputación de Ourense na súa loita fronte ao reto demográfico.

Veciñ@s

Finalmente, o programa Veciñ@s, para o que se destina un orzamento de 150.000 euros, está orientados prioritariamente a persoas maiores que vivan soas. A iniciativa que ten como obxectivo financiar aos concellos para sufragar até un máximo do 50% das contías que destinarán durante o estado de alarma a cubrir as necesidades dos veciños. Comprende iniciativas de servizos colectivos ou de cofinanciación de servizos individuais (como comida a domicilio, entre outras).

En resumo, a área de Benestar da Deputación de Ourense pasou dun orzamento para políticas sociais con fondos propios de 2.540.000 euros a 3.870.000 euros -un incremento duns 52 %- fondos aos que hai que engadir os programas cofinanciados por diferentes fondos europeos: EmpregOU e Raía Termal. Esta área da Deputación destina os seus programas e servizos a tres ámbitos diferentes: administracións locais (1.850.000 ); persoas (1.420.000 ), e entidades sociais (600.000 ). Durante esta etapa do COVID-19 o orzamento destinado a persoas e colectivos sociais pasou dun 43 % a un 53 %.

Hospital de emprendedores

A estas liñas de apoio social únense as bases aprobadas onte pola Xunta de Goberno referidas ao Hospital de emprendedores , unha acción pioneira no ámbito estatal que pon en marcha o goberno provincial na loita contra a crise do COVID-19. Ten como obxectivo pór a disposición de pequenas empresas, emprendedores e profesionais da provincia de Ourense que non poidan facer fronte ao pago de alugueres de locais, e que por iso vexan perigar a continuidade da súa actividade laboral, un espazo gratuíto durante tres meses no centro cultural “Marcos Valcárcel” para que poidan desenvolver o seu traballo sen preocuparse polos gastos que lles ocasionaría o aluguer.

Tamén onte, o presidente Baltar asinou as primeiras axudas de emerxencia para Pemes e autónomos da provincia, afectados pola crise do COVID-19. Apenas 15 días despois de que a institución provincial aprobase en pleno extraordinario esta iniciativa de cooperación económica, o presidente rubricou os primeiros expedientes desta medida -para a que se destinan case 4 millóns de euros-, cuxo obxectivo é axudar aos autónomos que tivesen que acollerse ao cesamento de actividade como consecuencia da crise do COVID-19, e tamén ás pequenas empresas que sufrisen unha perda de facturación igual ou superior ao 50 %.

E, igualmente, onte Manuel Baltar avanzou, na primeira reunión do Comité asesor de Cultura da provincia de Ourense, a posta en marcha dun Plan de reactivación do sector cultural en Ourense de face á etapa “poscoronavirus”. Dixo que o goberno provincial xa traballa “nunha reprogramación de actividades”, “somos sensibles -destacou- ás iniciativas que nos chegan do ámbito da cultura e cremos que nos meses que quedan deste 2020 seremos capaces de reactivar este sector, tan importante como o do turismo ou o agroalimentario, como todos aqueles con os que mantivemos este tipo de reunións que son enriquecedoras e que van de man do Comité do Día Despois, que creamos con empresarios e autónomos para fixar unha folla de ruta de reactivación económica da nosa provincia”, expresou.