O bop de Ourense publicou a convocatoria das axudas económicas do Irixo para paliar a crise do coronavirus

Primeiro: convocanse axudas para o impulso da actividade económica no termo municipal do Irixo, para paliar os efectos do COVID-19.

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

Beneficiarios: autónomos e empresas.

Segundo. Obxecto O obxecto desta convocatoria é paliar e actuar de maneira inmediata, ante as consecuencias derivadas da crise económica provocada polo COVID-19, e impulsar a actividade económica e social no termo municipal do Irixo, outorgando liquidez ás empresas para facilitar o cumprimento das súas obrigas empresariais, axudar ao mantemento da actividade e así acadar a debida protección do emprego.

Terceiro. Contía da axuda. 1.- Concederase unha contía fixa de 283,32 € para persoas físicas e xurídicas con ou sen traballadores ao seu cargo, cando a actividade que desenvolvan se tivese visto afectada polo peche de establecementos disposto no decreto de alarma, a condición de que sufran unha redución da súa facturación no mes anterior á solicitude desta subvención de polo menos o 50%, en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. 3.-Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os 6 meses naturais esixidos para acreditar a redución dos ingresos, concederáselle unha contía fixa de 60 €.

Cuarto. Prazo de presentación de solicitudes. será de 20 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación