O técnico ourensán Fran Justo, ficha pola Escola de Estudos Superiores CENTED Academy

O técnico ourensán Fran Justo, ficha pola Escola de Estudos Superiores CENTED Academy, e será o coordinador do departamento de táctica, contando cun equipo de luxo. Técnico de fútbol nivel 3, Fran Xusto será tamén profesor do propio departamento, e vén de culminar unha histórica campaña nun Ourense CF, ao que clasificou en segunda posición na Terceira Galega e que espera poder ascender a 2ª B. Algo que ten máis mérito se contamos que conta co segundo persoal máis novo da categoría. Nos próximos días verá a luz o máster de especialización en táctica que coordina, e que será completamente online. A formación conta cun profesorado de luxo, na súa maioría bastante coñecido no fútbol galego.

Así mesmo únense ao equipo de CENTED os seguintes profesores, todos eles para o citado departamento:

AVANTAR ACTIVIDADES

Pablo Álvarez: madrileño de 25 anos, actual adestrador do CD Izarra da 2ª B, quen pasou tamén polo Navalcarnero. Graduado en CAFYD e Fisioterapia, estivo de preparador físico na Selección Nacional China Ou16.

Rubén Albés: Natural de Vigo, dirixiu ao Burjassot Cf. Despois estivo como axudante de Benito Floro no Wydad de Casabranca. Xa en España fichou no Novelda, Eldense e o Real Valladolid (filial e primeiro equipo). En 2017 ficha no Celta B, co que xogou o play- offs de ascenso a 2ª División; e posteriormente fichou polo UCAM Murcia.

Fredi Álvarez: Técnico de Moaña que levou ao Alondras CF de Terceira a xogar o play off de ascenso a 2ª B. Ascensió ao Compostela á categoría de Bronce e tras o seu paso polo Celta B, volveu ao equipo compostelán. Tamén dirixiu ao CD Boiro e ao CD Izarra, ambos na Segunda B do fútbol español.

Borja Jiménez: dirixiu Real Ávila Club de Fútbol, no seu debut como primeiro adestrador, e clasificouno para o play off a 2ª B. Estivo no filial do Real Valladolid. Posteriormente pasou polo C.D. Izarra, e de aí ao Rápido de Bouzas, ao que deixou a dous puntos do play off a 2ª. Posteriormente subiu a 2ª ao Mirandés co que conseguiu gañar cópaa RFEF por primeira vez na súa historia. Posteriormente asinou polo Asteras Tripolis Football Club da Superliga de Grecia, e actualmente dirixe ao Cartaxena, ao que deixou líder da 2ª B e co que espera conseguir un novo ascenso a 2ª División.