Requirimento de Podemos ao Concello do Irixo

REQUIRIMENTO PARA QUE O CONCELLO DE O IRIXO CUMPLA COA SÚA OBRIGA DE PRESTAR O SERVIZO DE ALUMEADO PÚBLICO NA ALDEA DE O COVELO

Os concellos teñen entre as súas obrigas a de prestar servizos. Tal como ben recollido no
artigo 26 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local. Dito artigo
recolle claramente:
“Los Municipios deberán prestar, en todo caso, los servicios siguientes:

AVANTAR ACTIVIDADES


a) En todos los Municipios: alumbrado público, cementerio, recogida de residuos, limpieza
viaria, abastecimiento domiciliario de agua potable, alcantarillado, acceso a los núcleos de
población y pavimentación de las vías públicas.”


Pois parece ser que o Alcalde de O Irixo incumpre esta norma. Tal é a sí, que se puxeron en
contacto con nós veciñanza da aldea de Covelo e nos deu traslado de que dende fai case un
ano e medio o Concello de O Irixo non lles está dando o servizo de alumeado público.
Estes veciños e veciñas, reclamaron xa dito servizo perante o Concello, pois da
obrigatoriedade da prestación de estes servizos xurde o correlativo dereito da veciñanza a
poder esixir a prestación de ditos servizos, como tamén recolle o artigo 18.1.g de dita Lei de
Bases 7/1985, sin que dende o Concello lle teñan dado algunha resposta nin restablecido o
servizo de alumeado público.


Nos parece totalmente incomprensible e unha falta total de responsabilidade e de respecto que
en pleno século XXI un concello poida ter as escuras á veciñanza de unha aldea baixo
calquera escusa que non sexan cuestións soamente técnicas ao longo de máis de 18 meses.
Solicitamos en base a isto, que o Alcalde de esta Corporación Municipal, Don Manuel
Cerdeira, restableza de inmediato o servizo de Alumeado público en O Covelo,
cumprindo coa obriga que este Concello ten que prestar no tocante á prestación de
servizos mínimos.


De non ser así, reservámonos tomar as medidas legais pertinentes ao entender violados
dereitos básicos da veciñanza de O Covelo ao solicitar a prestación ou restablecemento do
correspondente servizo de alumeado público e que se preste o mesmo nas condicións e
calidades axeitadas, e ao estar este Concello de O Irixo, a través do seu Alcalde, incorrendo
nun delito ao non cumprir co recollido na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do
Réxime Local.