Medio Ambiente analizará a delimitación da área Rexurbe proposta polo concello de Ribadavia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda traslada ao alcalde César Fdez que o Instituto Galego de Vivenda e Solo analizará este proxecto municipal, que recolle a primeira Lei de rehabilitación de Galicia

VIDEO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

As Áreas Rexurbe van máis alá das tradicionais áreas de rehabilitación integral, xa que ademais da rehabilitación edificatoria inclúe medidas de dinamización social, demográfica e económica.

A conselleira de Medio Ambiente recordou que Ribadavia, a pesar de que ainda non ten declarada unha área Rexurbe, sí está no programa Rexurbe e levaronse varias actuacións en materia de rehabilitación, adquiriuse un inmoble na rúa Cervantes, 16.

Asemade, no Concello de Ribadavia hai declaradas dúas Áreas de rehabilitación integral, a ARI do Casco Histórico de Ribadavia e a ARI Casco Histórico San Cristovo – Ribadavia, ás cales se destinaron desde o ano 2009 case 900.000 euros, en actuacións xa rematas ou en curso.