O Carballiño consolídase como o 2º municipio máis poboado da provincia ao acadar un padrón de 14.089 habitantes.

Este é o dato a 1 de xaneiro de 2020, 62 habitantes máis que no padrón do ano anterior.

O dato foi comunicado polo Instituto Nacional de Estadística, e ten carácter provisional, pois ainda queda por abrirse o periodo de alegacións, no que o servizo do padrón do concello do Carballiño agarda incrementar o número de personas empadronadas.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Carballiño é o único municipio que conseguiu incrementar poboación neste último ano.

Segundo o concello, diversas circunstancias contribúen a este crecemento. Entre elas, están a chegada de inmigrantes, sobre todo procedentes de Venezuela, ou a puxanza do sector industrial do Polígono da Uceira e o parque empresarial.

Tamén o traspaso de habitantes de concellos lindeiros da comarca, debido á oferta educativa, ao comercio e á hostalería locais, así como aos servizos municipais cos que conta o concello.

Son un conxunto de factores, ademáis dos nacementos, que axudan a consolidar este período de claro crecemento da poboación que comezou o pasado ano e que continúa este tras varios anos de caída. Unha tenencia positiva que contrasta coa tendencia negativa do resto dos municipios máis importantes da provincia.

VIDEO