A confusión producida polo cambio continuo na información ofrecida polo goberno respecto da posibilidade de que os comercios teñan periodo de rebaixas fixo crecer mais se cadra o enfado dos comerciantes.
VIDEO
Primeiro o BOE do 9 de maio as prohibía, logo o unha aclaración do Ministerio de Comercio volvía a permitilas pero a sorpresa chegou cando o mércores pasado a última hora o Ministro de Sanidade Salvador Illa reiteraba que non se poderían facer para evitar aglomeracións. Esta prohibición do periodo de descuentos non afectaba ao comercio online, o que indignou ainda mais o pequeno comercio nun momento tan delicado que están vivindo no que necesitan desfacerse do stock acumulado e non perder mais puntos fronte as compras por internet.
Pois ben, deuse marcha atrás de novo e no BOE desta fin de semana autorízanse definitivamente as promocións comerciais asegurando que non se produzan aglomeracións.
Dende o CCA do Carballiño alegan que o problema das posibles aglomeracións é inexistente porque as tendas teñen aforo reducido e informou de que xa hai varios comercios que aproveitaron para ofrecer descontos.