O Psdeg-Psoe oponse a concesión da fortaleza de Sande e avoga pola recuperación da mesma para uso e desfrute da veciñanza e dos turistas de Cartelle

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os socialistas consideran que a fortaleza, sita en Sande, debe pasar a ser propiedade municipal e patrimonio de Cartelle, de tal xeito que se rehabilite, pero pase a ser propiedade pública

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O voceiro socialista, Jesús Pereira, denuncia que “estamos ante un novo caso similar o Pazo de Meirás, pero desta vez en Cartelle” e convidan o grupo de goberno “a investigar como unha familia se fixo en propiedade coa fortaleza”

O PSdeG-PSOE oponse a que a fortaleza de Sande convértase nunha concesión o concello de Cartelle e avogan pola recuperación de dito monumento e que pase a ser propiedade municipal e de Patrimonio, para deste xeito restaurala e pola a disposición da veciñanza do municipio e convertela nun reclamo para os turistas. Os socialistas non concordan coa política de concesión que pretenden levar a cabo o actual alcalde, Jaime Sousa, e a ex alcaldesa, Carmen Leyte, do Partido Popular, e afirman que “esta fórmula non é axeitada, xa que despois de anos, a fortaleza volvería os actuais propietarios, que non sería o concello nin outras administracións públicas e que recibirían o monumento totalmente rehabilitado, sen ter gastado eles un só euro”, apuntan fontes do PSdeG na vila.

O grupo municipal socialista apoiou en pleno que se rehabilitase a fortaleza, pero sempre pasando a ser unha propiedade municipal e deste xeito recuperar dito monumento como patrimonio municipal, para utilización turística e para uso e desfrute da veciñanza. “Non estamos a favor dunha concesión, que permita arranxar a fortaleza e logo devolverlla os donos totalmente rehabilitado, xa que regresariamos a política barata da época de Fraga, de gastar cartos públicos dos que despois se beneficien entidades privadas”, afirma o voceiro socialista, Jesús Pereira.

Os socialistas tamén convidan o grupo de goberno do PP a “investigar” a adquisición desta fortaleza, por parte da familia que agora é propietaria. O tratarse dunha propiedade en mans de particulares o voceiro socialista ten claro que “estamos ante un caso idéntico o do Pazo de Meirás, pero en Cartelle, un ben de interese público en mans privadas” e subliña tamén que “se hai unha concesión, será por un número determinado de anos, nos que as institucións públicas rehabilitarían a fortaleza de Sande, e logo que?, pasa a mans da familia novamente? É algo que non debe acontecer”.

Os socialistas avogan por tanto na rehabilitación da fortaleza, pero pasando esta a mans públicas para que os investimentos realizados sexan en beneficio da veciñanza e do municipio de Cartelle e non dos propietarios actuais da torre, que “son os que sairían gañando o non gastar un euro e recibir unha propiedade totalmente rehabilitada”, finaliza Jesús Pereira.