O Programa ComerciOU de axudas de emerxencia social da Deputación realizará os primeiros pagos a próxima semana

Sinatura do Convenio ComerciOU entre a Deputación Ourense asinado polo seu Presidente Manuel Baltar, e pola outra banda Rubén Saavedra en representación de Abanca.

Manuel Baltar e Rubén Saavedra asinaron, no Pazo Provincial, un convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense e ABANCA para instrumentalizar os pagos mensuais a través de tarxetas bancarias para utilizar no comercio de proximidade para gastos de emerxencia

O obxectivo deste programa é axudar economicamente ás persoas residentes en municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia que se atopen en situación de vulnerabilidade económica derivada ou acentuada polo estado de alarma

AVANTAR ACTIVIDADES

En 14 días hábiles, desde o inicio de presentación de solicitudes, tramitáronse desde os servizos sociais municipais da provincia 1.357 entrevistas individuais cos seus correspondentes informes de emerxencia

Das solicitudes presentadas, 362 xa foron resoltas e asinarase unha resolución semanal para que se lle habilite o primeiro pago en maio ao maior número posible de solicitantes

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra, asinaron, no Pazo Provincial, un convenio de colaboración entre ambas entidades para instrumentalizar os pagos mensuais a través de tarxetas bancarias para utilizar no comercio de proximidade para gastos de emerxencia, no marco do Programa BenOurense ComerciOU. O obxectivo deste convenio é axudar economicamente ás persoas residentes en municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia que se atopen en situación de vulnerabilidade económica derivada ou acentuada polo estado de alarma.

O presidente da Deputación de Ourense recalcou que a institución provincial hase “ reprogramado e convertido na máis social da historia”. Nesta crise sanitaria, desde a Deputación de Ourense “demostramos unha capacidade inmediata para adaptarnos a unha situación tan difícil indo da man da sociedade”, dixo Manuel Baltar, quen sinalou que o Comité do Día Despois “serviu para poñer en marcha axudas directas a autónomos, empresas, traballadores e familias, demostrando o papel do goberno provincial como aliado principal de Ourense para a reactivación económica”.

Neste sentido, o presidente da Deputación de Ourense lembrou as numerosas medidas desenvolvidas pola institución provincial para afrontar esta crise como os programas ComerciOU, Veciñ@ s, Termalismo Solidario, o Hospital de Emprendedores, a gratuidade do aparcadoiro do Hospital Santa María Nai, a Montaña de Solidariedade en Manzaneda, habilitar o Paco Paz como centro loxístico para o persoal esencial, en definitiva, “unha iniciativa política que os empregados públicos provinciais souberon executar perfectamente”, dixo Manuel Baltar.

A alianza de cooperación entre a Deputación de Ourense e ABANCA materialízase tamén con “a firma do convenio “Reactivamos Ourense” que pon ao dispor do territorio 25 milllones de euros. E agora, esta tarjerta do Programa ComerciOU únese a outras como a do noso plan de axudas á natalidade “ ChegOU”, que tamén xestiona ABANCA”, afirmou o presidente da Deputación de Ourense.

As bases do Programa ComerciOU de Axudas de Emerxencia Social, posto en marcha pola Deputación de Ourense, foron publicadas o 28 de abril no Boletín Oficial da Provincia e, desde o 29 de abril, está aberto o prazo de solicitudes que se tramitan a través dos servizos sociais municipais, unicamente cun informe de necesidade emitido polo traballador social, en busca da menor carga administrativa posible e a máxima axilidade na tramitación das axudas.

A día 20 de maio, transcorridos 14 días hábiles desde o inicio de presentación de solicitudes, tramitáronse desde os servizos sociais municipais de toda a provincia 1.357 entrevistas individuais a persoas vulnerables cos seus correspondentes informes de emerxencia. As entrevistas realizáronse para valorar a situación de urxencia e tramitar a solicitude do Programa ComerciOU. Das solicitudes presentadas, 362 expedientes foron xa resoltos. Deles, 277 foron aprobados e ao redor de 83 requiriron de información complementaria aos servizos sociais municipais. Todas as solicitudes presentadas entre o 29 de abril e o 5 de maio están resoltas e asinarase como mínimo unha resolución semanal para que se lle habilite o primeiro pago en maio ao maior número posible de solicitantes, logrando así que, desde o primeiro mes da posta en marcha do Programa, teñan abonada a primeira cantidade.