Un veciño de San Cibrao tivo que ser excarcerado tras envorcar o seu vehículo en Quintela de Canedo.

Segundo a manifestación do propio condutor a saída de vía puido deberse a un episodio de somnolencia.

Ao Lugar acudiron patrullas de policía local de Ourense , e efectivos da Garda Civil do Subsector de Tráfico de Ourense , Bombeiros de Ourense e unha unidade de Soporte Vital Básico do 061.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os feitos tiveron lugar ao redor das 11 da mañá deste domingo na N-120 , concretamente á altura do quilómetro 574 cando o vehículo circulaba á altura de Quintela de Leirado sentido Vigo.
Segundo declaracións do propio afectado , o home madrugara e na viaxe de retorno a casa sufriu un episodio de somnolencia por mor da saída de vía o vehículo golpeou contra o bordo da beirarrúa da marxe dereita envorcando posteriormente.
Efectivos do Corpo de Bombeiros tiveron que empregar técnicas de extricación para a excarceración do condutor, que posteriormente seria trasladado ao CHUOU en Ourense.
O Equipo de Atestados efectuará o correspondente estudo do os vestixios constatados no lugar do accidente para elaborar o correspondente informe sobre as posibles causas.

A Garda Civil lembra á cidadanía que se esta dando un notorio aumento de circulación no actual proceso de desescalada que fai necesario extremar as precaucións e cautela na estrada.