Creación dun novo Club: CENTED Academy Football School.

Creación dun novo Club: CENTED Academy Football School. O Club situado en Ourense, pertence ao grupo CENTED e partirá desde as primeiras categorías, co ánimo de facer un traballo serio e diferencial, apostando principalmente pola formación no fútbol basee.

O Academy dará saída principalmente aos técnicos deportivos formados na Escola CENTED, e aplicará unha metodoloxía diferenciada centrada no desenvolvemento do futbolista. A preparación dos mozos estará en mans dun equipo multidisciplinar en que haberá técnicos especialistas en diferentes ramas como a preparación de porteiros, o desenvolvemento físico e mesmo un departamento de apoio psicolóxico.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ao partir de cero, os equipos empezarán competindo en competición oficial de carácter provincial, e espérase que a entidade vaia crecendo con pasos seguros, pero desde a solidez formativa. En breve será presentada a súa páxina web, pero xa tedes dispoñibles en facebook, twitter e instagram, a conta @ centedteam Ademais, para máis información, o Club xa activou o correo electrónico formacion@centedteam.com

Desde a entidade queren agradecer ao departamento de deportes da Xunta, todas as facilidades administrativas desde o primeiro día, e particularmente á delegación de Ourense da Real Federación Galega de Fútbol e o seu delegado Raul Rois, a axuda mostrada desde o primeiro momento para que o proxecto vise a luz.