A xunta de portavoces analiza os temas do pleno da Deputación, que se celebra o 29 de maio

Videoconferencia Manuel Baltar (Presidente Deputación Ourense) coa Xunta de Portavoces da Deputación de Ourense. Asisten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Rafael Rodríguez Villarino (Deputado PSOE); Montserrat Lama Novoa (Deputado CS); Jose Miguel Caride Domínguez (Deputado DO); Bernardo Varela López (Deputado BNG); Francisco Cacharro Gosende (Secretario Xeral da Deputación de Ourense).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A xunta de portavoces da Deputación de Ourense celebrou hoxe reunión telemática para analizar os puntos que incluirá a orde do día do próximo pleno ordinario da institución provincial, que terá lugar o próximo 29 de maio. O presidente, Manuel Baltar, e os portavoces de dous grupos políticos que integran a corporación provincial debateron sobre os puntos a tratar no pleno, entre os que figuran asuntos económicos e de cooperación cos concellos; a modificación da ordenanza sobre procedementos de selección de persoal; a modificación das bases 9ª e 10ª do Plan Provincial; a concesión da medalla de ouro da provincia ao escultor Acisclo Manzano, e as bases reguladoras sobre a cofinanciación da rede de espazos culturais provinciais e a súa programación.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O pleno tamén debaterá as diferentes mocións que presentarán os grupos políticos, referidas á constitución da comisión Ourense futuro (PP-DO); o remanente de tesouraría (Cs); a xestión de recursos por parte das entidades locais (PP); a asistencia e cooperación con concellos a causa do COVID-19 (PSOE); o plan de cooperación cos concellos (BNG), e unha moción sobre as medidas de axudas para paliar os efectos sanitarios, económicos e sociais ocasionados pola pandemia (PSOE).