Boborás contratará persoal para duas brigadas de incendios e para brigada de servizos multiples

O Boletín Oficial da Província publicou onte a convocatória de selección de persoal do Concello de Boborás.
Trátase dunha banda para dúas brigadas de incendios; con 2 postos de xefe de brigada, 2 de peón conductor e 6 peóns.
E por outra para a contratación de 5 peóns de Servizos múltiples.
Hai 5 días hábiles para presentar a documentación nas oficinas do concello e podedes ver as bases no taboleiro de edictos do Concello ou na páxina web www.boboras.gal

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

Hoxe continuamos cos traballos de reparación de bancos deteriorados, e xa houbo veciños que tiveron a oportunidade de sentarse neles.
A alcaldesa; Patricia Torres e a concelleira; Rosy Pérez acompañaron o operario do concello para a reparación dos mesmos nesta tarde, dentro do programa de traballos de mellora a acometer no noso concello que ten en marcha o equipo de goberno e tamén aproveitaron para falar cos veciños e coas veciñas.
Nas fotos veredes o antes, e o despois en algunhas os veciños tamén.
Repararonse un no Morouzón (Cameixa), dous en Parada de Cameixa e 1 en Sobredo.

Compartimos con vos unhas fotos das limpezas feitas esta semana que remata na parroquia de Albarellos. Limpouse o parque infantil en Saa, a fonte do Regueiro, a fonte de Valdesenda, o camiño entre A Costa e Eiravedra e o entorno da fonte e o mirador e acceso de Distriz.
HOXE LUNS os traballos comezan no parque infantil de Vilachá e logo nos de Feás, así sucesivamente ata rematar todo o municipio.
O tractor desbrozadora segue facendo a limpeza polos viais.
Os traballos fanse por orde xeográfica para facer todo seguido, sen saltos.