Comunicado do PP: Faise necesario retirar as palmeiras do Carballiño

Faise necesario retirar as palmeiras existentes nos espazos públicos do Carballiño por ser irrecuperables.

Solicítase  a substitución por outras árbores na Veracruz, e nos catro camiños se estudie primeiro a remodelación do cruce da rúa Castelao.

AVANTAR ACTIVIDADES

3 das 4 palmeiras que dende fai décadas forman parte do noso paisaxe no contorno da Veracruz, están afectadas pola praga do “picudo roxo” que fai destas un punto de perigo inminente, xa que varios veciños xa levaron algún susto polo desprendemento de ramas e ademáis da unha imaxe penosa do noso Templo da Veracruz.

Estas palmeiras xunto coas outras dúas da rotonda dos catro camiños, tamén afectadas pola mesma enfermidade, e que de ningunha forma se poderán recuperar, deben de ser sustitudas por outras árbores, e podendo ser, non empeñarse en substituílas por outras palmeiras, pois nunca foron unha árbore propia do noso territorio.

Respecto das palmeiras do contorno da Veracuz, deberíanse de substituír por árbores que garantan sombra pero que non cheguen a tapar a fachada do templo da Veracruz como sucedía coas palmeiras.

Respecto das palmeiras dos catro camiños, solicitamos que antes de planificar a substitución destas palmeiras por outras árbores, se estudie concienciudamente a posibilidade de modificar o triangulo no que se atopan e remodelar o cruce para que faga unha conexión lóxica entre a Avda. de Compostela coa rúa Castelao, rúa Bos Aires e Serra Martiña, que así podería facer de regulación de velocidade nese punto