Nota de Prensa do PP do Carballiño: O Goberno local esta atascado

O concello non está facendo a volta á normalidade con criterio algún e atasca posibles actividades da veciñanza do Carballiño.

Cada vez faise mais imprescindible a comisión municipal do covid19 para unha correcta aplicación no Carballiño da normativa que vai chegando doutras administracións.

AVANTAR ACTIVIDADES

A realidade dos acontecementos que estamos a detectar no día a día no noso pobo, fainos chegar á conclusión de que se poden facer moitas mais cousas dende o propio Concello para favorecer a volta a unha normalidade de mellor forma.

Vemos que cando noutros Concellos e non moi lonxanos e de menor entidade que o noso, estanse habilitando o uso de certas instalacións deportivas como poden ser pistas de pádel ou pistas de tenis entre outras, no noso Concello non se abren ao uso do público.

Cando xa se poden facer actividades en auditorios aínda que sexa con aforo reducido, aquí nin sequera se pode abrir as instalacións culturais para que ensaien grupos de diversas actividades como de teatro ou canto.

Tamén noutros concellos se empezan a facilitar actividades de conciliación familiar, coincidindo coa necesaria volta a moitos postos de traballo, e aquí, unha vez pechados os servizos en marzo, ninguén pensa en poñelos a funcionar outra vez.

Non está preparado o Concello para dar pasos firmes para salientar estas circunstancias, e moi seguramente por medo a non tomar medidas que sexan equivocadas.

Nun concello como o do Carballiño, faise necesario, e REITERAMOS A NOSA PETICIÓN, poñer a andar unha comisión municipal con expertos que asesore ao grupo de goberno para saber adaptar as medidas enviadas polo BOE á realidade do Carballiño, e insistimos de igual forma na presencia nesa comisión de representantes municipais, con acreditada solvencia sanitaria como pode ser o epidemiólogo Pachi Vázquez.

Recordamos ademáis, que esta comisión debería de asesorar sobre como afrontar medidas de seguridade en próximos eventos durante os seguintes meses, para que por parte de alcaldía cando se romen decisións, se sepan tomar precaucións para evitar posibles consecuencias negativas.

Non pode estar asesorado o Alcalde por Concelleiro/as que non permiten usar un auditorio, unha instalación deportiva ou volver a actividades de conciliación polo feito de que non saben como poñelo a funcionar para cumprir as medidas precisas.

Recordámoslle ao sr. Alcalde que non é xustificación a posible falta de persoal para servizos como limpeza, mantementos de instalacións, etc, pois ten a posibilidade e así se concretara entre noso portavoz máis el, a implantación dun Plan de choque covid19 por uns 80.000€ para conveniar co SEPE, persoal de diversa cualificación por que paliase as carencias do Concello para facer unha desescalada eficiente e segura, pero incluso para este, para acertar cos perfiles necesarios, faise necesario estar ben asesorado para acertar.