Sentido único nos paseos do Arenteiro. Hai que ser responsables

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Lembramos que o concello do carballiño impón un sentido único nos paseos polos sendeiros de ambas marxes do arenteiro para evitar aglomeracións e aumentar a distancia de seguridade entre os peóns

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O concello procede á instalación de paneis indicativos de dirección nos sendeiros das dúas marxes do río Arenteiro co obxectivo de facilitar os paseos á beira do río, así como para incrementar as medidas preventivas de separación entre os peóns, evitando posibles aglomeracións.

Deste xeito, as persoas que paseen pola beira do río deben facelo deixando sempre o río á marxe esquerda no sentido da marcha, co que se evita que nos tramos máis estreitos poidan coincidir varias persoas camiñando en sentido contrario.

Este medida, que se adopta como prevención ante a masiva afluencia de camiñantes, sobre todo estes días de bo tempo, permanecerá vixente mentres perdure a actual situación por causa do Covid-19.