A Xunta Electoral Central aproba que os electores poidan votar por correo sen necesidade de saír da súa casa

Hand holding an old envelope isolated on white background.Studio shot.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O acordo atende a maior parte das demandas do Goberno galego recollidas no protocolo de medidas preventivas fronte á covid-19 deseñado para garantir a seguridade na xornada electoral do 12 de xullo

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Permitirase a solicitude do voto por correo por vía telemática a través da páxina web de Correos e a posibilidade de que o elector entregue o voto no mesmo momento que recibe a documentación electoral no seu domicilio

A Xunta Electoral Central vén de comunicar á Xunta as medidas a adoptar na tramitación do voto por correo para as eleccións ao Parlamento de Galicia do próximo 12 de xullo. O acordo recolle varias das demandas incluídas no protocolo do Goberno galego de medidas preventivas fronte o coronavirus deseñado para a xornada electoral, no que se insta a fomentar o voto por correo.

En canto á solicitude do voto por correo, a Xunta propón ás administracións competentes que se poida realizar por vía telemática mediante un sistema de acreditación que garanta a identidade do solicitante. A Xunta Electoral Central aceptou esta proposta aclarando que a petición de forma telemática se realizará a través da páxina web de Correos mediante firma electrónica.

Tamén se aceptou a proposta da Xunta respecto á posibilidade de establecer protocolos para facilitar o emprego deste sistema de votación mediante o desprazamento dos empregados públicos de Correos. Nesta liña, o acordo da Xunta Electoral central, recolle que no mesmo momento en que o persoal de Correos entrega a documentación electoral no domicilio do elector este, unha vez comprobada a súa identidade e recibidos os sobres electorais, ten a posibilidade de devolvelos xa cumprimentados. Nese caso, recibirá un xustificante que acredite que xa exerceu o seu dereito a voto.

A Xunta Electoral Central aclara que se trata dunha posibilidade opcional e extraordinaria de emisión de voto, sen prexuízo do dereito dos electores tanto a solicitar o voto nas oficinas de Correos de forma presencial como a non ter que entregar o voto no momento que se recibe a documentación, podendo facelo noutro momento dentro dos prazos establecidos nunha oficina de Correos.

Dáse así cumprimento ás demandas da Xunta para que a Xunta Electoral Central e o Ministerio do Interior adopten medidas que favorezan que os cidadáns poidan exercer o seu dereito de sufraxio activo sen acudir ao local electoral o día da votación.

O Goberno galego tamén propón no seu protocolo ampliar o prazo do voto por correo ata dous días antes das eleccións.