Nunha interpelación ao Goberno sobre a supresión de conexións
- Á anulación do servizo de tren-hotel entre Galicia e Madrid e Barcelona anunciada esta semana, súmase a eliminación o mes pasado do único tren que conectaba de xeito directo aos viaxeiros galegos co País Vasco.
- Co actual Goberno, o número de viaxeiros nas liñas de tren entre Galicia e o resto de España reduciuse en 13.500 usuarios durante 2019, logo de varios anos de incremento. Unha proba evidente, din os senadores, “de que ao PSOE non lle interesa que Galicia conte cun servizo ferroviario público de calidade e prefire o seu deterioro e a conseguinte perda de empregos.
Os senadores ourensáns Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte, Francisco José Fernandez e Jesús Vázquez denuncian o incesante e progresivo desmantelamento dos servizos ferroviarios que conectan Galicia co resto de España, polo que veñen de anunciar unha iniciativa parlamentaria na que piden explicacións ao Goberno sobre a supresión de conexións e defenden un ferrocarril público, social e de calidade.
Mentres outros países da nosa contorna fomentan o uso do transporte ferroviario, xeneralizando o seu uso de maneira masiva, sinalan os senadores, en España está a facerse todo o contrario coa consecuente perda de postos de traballo e o deterioro do servizo.
Proba diso é que, tras anos de crecemento no número de viaxeiros na liña que une Galicia con Madrid, en 2019 rexistrouse unha reducción de 13.500 usuarios con respecto ao ano anterior, o que ven de demostrar, din os senadores, “que ao PSOE non lle interesa que Galicia conte cun servizo ferroviario público de calidade e prefire que se deteriore o servizo coa conseguinte perda de empregos”.
Hai unhas semanas o Goberno anunciou a eliminación do único tren directo (Intercity 252) que conectaba Galicia co País Vasco, sen dar resposta algunha e tampouco aclarar os motivos sobre os que baseou a súa decisión, pese á petición realizada polos representantes ourensáns. Agora, a este continuo desmantelamento do sistema ferroviario galego únese o anuncio desta semana, recollido nos medios de comunicación, da supresión dos trens-hotel de Vigo a Barcelona e Madrid, causando un novo dano colateral aos galegos.
Á vista destas decisión e que Renfe si opta por priorizar aquelas conexións con maior ocupación e rendibilidade -sendo necesario realizar a compra do billete con moita anterioridade á data da viaxe-, resulta curioso que non se inclúa neste apartado o tren-hotel que permitía a miles de galegos realizar o traxecto pola noite e chegar a destino de día, sen que a viaxe se fixerá extremadamente longa.
Por todo o exposto, os senadores ourensáns pedirán explicación sao Goberno a través dunha interpelación na que lle preguntan se son conscientes “do prexuízo que supón esa decisión para os viaxeiros de Galicia, indo en contra do servizo e a defensa dun ferrocarril público, social e de calidade.
Tamén esixen saber si esta decisión “levará consigo a reducción de frecuencias coa meseta ou con Cataluña” e, no caso de ser afirmativo, “que alternativas vai ofrecer Renfe para suplir este servizo nocturno, dado que o tren de alta velocidade tampouco parece que se atisbe nun horizonte próximo.
Ademais, os senadores queren coñecer as razóns polas que Galicia “non ten conexión directa por tren co sur de España e o Mediterráneo, cando outras comunidades autónomas do norte de España si o teñen”.