Comunicado da Sociedade de pesca “Rio Viñao”

Cada ano, desde hay xa 26, a Sociedade de pesca “Rio Viñao” levamos a cabo o noso campeonato social. Unha actividade con unha parte competitiva e outra parte de xuntanza de socios, amigos, empresas colaboradoras ademais de representantes dos concellos de Boborás e O Irixo, que rematamos con un xantar a pé do rio.
Ainda que a actividade da pesca está permitida entendemos que o resto dos actos no poden levarse a cabo por motivos evidentes derivados da situación que por desgracia nos está tocando vivir.
Esta situación levanos a directiva da sociedade a tomar a decisión de suspender a celebración do campeonato do ano 2020. Entendemos que por cuestions de saude non cabe outra alternativa e convocamos a todos o próximo campeonato de 2021.