Piscinas municipais en Cea

Como sabedes estamos nunha situación totalmente nova e debemos tomar medidas adaptadas a esta. Por iso, anunciamos que:

En breve, as piscinas municipais abrirán ao público, tan pronto saibamos a data, será comunicada con antelación suficiente, pero será seguro no vindeiro mes de xuño.

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO

Este ano, dada a excepcional situación, so poderán acceder a mesma veciños e veciñas dos Concellos de San Cristovo de Cea e de Piñor que estén empadroados e veciños de ambos concellos que teñan a súa residencia de verán nestes municipios (ninguén quedará atrás)

Para iso, o acceso será con carné personalizado e intransferible (datos de usuario e fotografía) que se poderá solicitar en ambos concellos, por privado en redes sociais e por whatsapp, desde o vindeiro luns e que se tramitará en tres días hábiles, como moito.

O uso das piscinas municipais conlevarán un estricto protocolo recomendado polas autoridades competentes, para salvagardar a saúde de todos, que, a día de hoxe, e o máis importante. Esas normas e protocolo serán publicados en breve para coñecemento de todos.

A Piscina Municipal será de acceso gratuito.

Son medidas adaptadas a realidade da nosa contorna e que agardamos que sexan ben acollidas e, como non, sexamos todos responsables coas normas de obrigado cumprimento, polo ben de todos.