O sector da hostalería reclama o alivio nas restricións á mobilidade polo freo que supón no número de reservas

Os donos de hoteis din que o aforo reducido nin siquera se cubre xa que non hai reservas suficientes e os labores de desinfección implican ademais unha maior carga de traballo. De feito moitos negocios permanecen pechados e agardarán ata que poida haber desprazamentos entre provincias.

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

Neste hotel tamén hai servizo de restaurante. O medo queda a un lado comparado coas ganas que temos de desfrutar novamente das terrazas e dos bares. Son lugares onde hai mais contacto social e a responsabilidade persoal é crucial.