Os votantes e membros das mesas electorais deberán usar máscara de forma obrigatoria e hixienizar as mans

12,10 h.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, informarán en rolda de prensa sobre o protocolo de medidas de prevención sanitarias fronte o coronavirus de cara ás eleccións autonómicas do 12 de xullo. No salón Grande de Presidencia. foto xoán crespo 27/05/2020
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, presentaron hoxe o protocolo coas medidas preventivas para a xornada electoral do próximo 12 de xullo

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Xunta porá a disposición de todos os locais electorais o material de protección necesario: máscaras, xel hidroalcohólicol e luvas

Habilitará un equipo de máis de 130 coordinadores de seguridade que velarán por que se cumpran as máximas garantías sanitarias

Financiará os custos adicionais que supoña a implantación das pautas do protocolo

Pide que se fomente o voto por correo, con medidas como a ampliación dos prazos ou o establecemento dun protocolo para o voto en centros de maiores e entre os colectivos vulnerables

Recomenda aos membros das mesas que pertenzan a colectivos vulnerables aleguen esta situación ante a xunta electoral correspondente no prazo de 7 días desde que sexan notificados

GRA094. PAMPLONA (NAVARRA) 26/06/2016.- Una persona deposita su voto en la urna de una mesa electoral en un colegio de Pamplona en una jornada en la que mas de 500.000 personas pueden votar en Navarra de las que 25.350 han solicitado ejercer su derecho a voto por correo. Los colegios electorales han abierto sus puertas a las 09:00 horas para recoger el voto de los más de 36,5 millones de votantes que decidirán hoy en las elecciones generales el reparto de los 350 escaños del Congreso de los Diputados y los 208 del Senado durante la próxima legislatura. EFE/Jesús Diges

Os votantes que acudan a un local electoral o próximo 12 de xullo deberán levar unha máscara e hixienizar as mans antes de facer entrega do seu voto e do seu documento de identidade. Do mesmo xeito, os membros das mesas tamén deberán levar máscara e hixienizar de forma frecuente as súas mans. Para facilitar o cumprimento destas obrigas, a Xunta facilitará o material de protección e produtos necesarios, que estarán a disposición dos galegos e galegas nos locais electorais.

Estas son algunhas das medidas que se incluirán no Protocolo de medidas preventivas elaborado para que a xornada do 12 de xullo se desenvolva coas máximas garantías sanitarias. O documento foi presentado hoxe polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña. As pautas serán tratadas coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), coa previsión de aprobalas o próximo venres no Consello da Xunta. O Protocolo tamén será remitido á Xunta Electoral de Galicia.

O conselleiro de Sanidade puxo en valor que o protocolo foi supervisado por saúde pública e recibiu tamén o visto bo do comité clínico. Neste sentido explicou que, aínda que “todos os datos apuntan a que xullo vai ser un momento tranquilo para realizar unha votación en condicións adecuadas”, o protocolo quere ir “máis alá” para que a xornada electoral se desenvolva coas garantías sanitarias máximas.

Nesta mesma liña, o vicepresidente destacou que Galicia “camiña con paso firme cara á normalidade”, pero ese camiño non debe impedir que se tomen todas as medidas para garantir ata o extremo a seguridade das eleccións. “A premisa fundamental é que se vote con total tranquilidade o 12 de xullo”, explicou.


Así, segundo se recolle no Protocolo, os electores que acudan a votar deberán levar de forma obrigatoria máscara: ben a que traian do domicilio, ou ben unha das que estarán a súa disposición no local electoral. Terán tamén que hixienizar as mans de forma obrigatoria co xel hidroalcohólico que haberá nos locais antes de facer entrega do seu voto. Recoméndase tamén que, na medida do posible, leven o voto preparado da casa para evitar os máximos contactos posibles.

As pautas para os membros da mesa tamén se basean na hixiene e no uso de material de protección. Facilitaráselles catro máscaras a cada un, para cumprir coa necesaria renovación cada catro horas, e tamén disporán dunha pantalla facial. Contarán con produtos de hixiene para que poidan usalos ao longo da xornada e haberá un dispositivo, como unha bandexa, onde o votante poderá depositar o documento de identidade sen que haxa necesidade de que sexa manipulado polos membros da mesa.

Neste aspecto, a Xunta tamén recomenda aos membros que sexan chamados para a mesa que teñan máis de 65 anos ou pertenzan a grupos especialmente vulnerables que aleguen estas circunstancias ante a xunta electoral correspondente no prazo previsto de sete días logo de que sexan notificados.

Medidas organizativas

En canto ás medidas máis xerais, procurarase sempre manter a distancia de seguridade de dous metros. De non ser posible, e ao levar equipamentos de protección, deberase gardar en todo caso un metro como distancia mínima.

Así, por exemplo, organizarase a entrada dos votantes, priorizando aos maiores de 65 anos e persoas con discapacidade. Co mesmo obxectivo, tamén se establecerán fluxos e circulación e circuítos separados de entrada e saída cando sexa posible e instalaranse carteis informativos coas recomendacións sanitarias, así como as indicacións correspondentes no chan sobre distancias e sentido da circulación.

Os locais deberán ser correctamente ventilados, antes e durante a xornada electoral, ademais de que se intensificarán as actuacións de limpeza e desinfección previamente e na propio día. De feito, os concellos poderán solicitar que se desinfecten antes da xornada. E durante a xornada os locais deberán limparse polo menos 3 ou 4 veces, cando o autoricen os presidentes das mesas, e incidíndose nas superficies máis expostas.

Equipo de coordinadores

Para cumprir con estas pautas, é preciso habilitar máis recursos que en convocatorias anteriores. Así, ademais do material de protección e da cartelería, a Xunta financiará as actuacións de limpeza e desinfección dos locais electorais, así como tomará as medidas necesarias para garantir o control de acceso aos locais electorais.

A Xunta tamén habilitará un equipo de máis de 130 coordinadores que se encargarán de supervisar os locais electorais para que se cumpran as medidas sanitarias establecidas no protocolo. Visitarán os centros previamente e tamén o propio día da xornada electoral, mediante roldas, para garantir que se están cumprindo as pautas fixadas.

Rueda insistiu en que a Xunta se fará cargo dos custos adicionais: “seremos os que poñemos as pautas, ocuparémonos da súa implantación e tamén da solución dos seus custos”, explicou.

Voto por correo

Ademais de todas estas medidas, a Xunta cre fundamental fomentar o voto por correo. Por iso, no protocolo tamén propón ás administracións competentes tomar medidas para facilitalo. Así, propón ampliar o prazo do voto por correo ata dous días antes das eleccións ou establecer un protocolo, similar ao que se emprega en centros penitenciarios -co desprazamento do funcionario de Correos-, para facilitar o voto das persoas que residen en centros de maiores e para colectivos especiais como os maiores de 65 anos ou persoas vulnerables. Para garantir o voto das persoas con síntomas ou en illamento, tamén solicita implantar un sistema de videoconferencia, legalmente válido, que permita autorizar a solicitude de voto por correo a outras persoas.

Ademais, para garantir o voto no exterior, a Xunta dirixirase tamén ao Ministerio de Exteriores e á Xunta Electoral Central, para que se tomen as medidas necesarias para facilitar o voto dos residente do exterior. Así, solicitarase por exemplo que se entendan como válidas as solicitudes que xa se formularon para as eleccións do 5 de abril e que se manteñan as claves de  tramitación telemática para os que non chegaran a facer esta solicitude