O venres remata o prazo para optar a contratación laboral no Concello de Leiro

Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas o 14 de maio de 2020:

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

1.- Número e denominación das prazas: tres traballadores/ as para prestar servizo como peóns de servizos múltiples

2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa (40 horas semanais)

3.- Duración do contrato: ata fin de obra (aproximadamente 4 meses)

4.- Sistema de selección: concurso-oposición

5.- Lugar e prazo de presentación de instancias: no rexistro do concello, de 9:00 a 14:00 h., ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

6.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección atópase ao dispor do público no concello, na páxina web (http://www.concellodeleiro.com/) e na sede electrónica ( https:// leiro. sedelectronica.es/)

O alcalde. Asdo.: Francisco José Fernández Pérez.