Ribeiro en Común denuncia as mentiras electoralistas do goberno local que minte cando anuncia un Convenio para o Polígono que non existe.

Funcionarios do Concello admiten que non existe ningún Convenio, que non existe ningunha consignación económica e que non é máis que un anuncio electoralista a un mes das eleccións.

Esiximos a Consellaría e Alcaldía que aproben unha partida Orzamentaria real e tanxible para o Polígono e un compromiso real pois a Xunta do PP ten unha débeda co polígono de Ribadavia.

AVANTAR ACTIVIDADES

Esixímoslle ao PP unha rectificación desa falsa información e que abandonen a política de papel mollado e fotos que non vai resolver ningún dos problemas de Ribadavia.

Cualificamos esta manobra como unha indecencia, pois trátase da utilización de institucións públicas, que son de todos, para facer campaña electoral partidista.

A alcaldía baltarista de Ribadavia e o PP volven mentir, xa mentiron cando anuncioro tamén antes da campaña electoral, das municipais ,  no ano 2019 que a Xunta ía arranxar vivendas no Casco Histórico de Ribadavia. A realidade é que nada fixeron.

Agora fan un anúncio do Polígono que non é real. Minten co máis sagrado, a falta de traballo e a necesidade dun polígono contra o que votaron en contra fai uns meses no Parlamento galego, cando Ribeiro en Comun rexistrou emendas que reclamaban diñeiro e partida orzamentaria real para a súa ampliación, o PP de aquí e de Alá votaron en contra.

No seu día, en xullo do 2019 no comezo do seu mandato xa anunciara a realización da Fase 3 do Polígono, pero cando houbo que plasmalo nos Orzamentos o PP negouse a facelo. Agora que hai eleccións volven facer o que sempre fan, anuncios de propaganda que non conleva ningún investimento real.

Un goberno en funcións en pleno electoralismo fan unha fotografia sen aprobar nin aportar ningún Documento con vinculación nin legal nin administrativa. Polo tanto fan un anuncio que é mentira, porque:


1º. Non existe dotación económica, o que anuncian non é un documento oficial, senón un anuncio partidista sen validez legal nin institucional- administrativa. Podían optar por realizar o proxecto  nesta lexislatura, seguindo o procedemento e dotando ao proxecto dun orzamento, pero non o fixeron.

2º. Non teñen realizado a modificación puntual do Plan parcial do Polígono, sen o cal non hai nada que se poida facer, puideron facelo pero tampouco quixeron.

3º. Non existe un só euro que acompañe ao anuncio propagandístico. Anuncian un protocolo de actuacións que vai supoñer CERO euros, e fan todo sen estar concretado un Convenio no que se debería ter formalizado algo tanxible e real, por suposto só fixeron a foto, a nota de prensa e un protocolo sen ningunha validez. Non existe Convenio institucional nin legal.

Nunha Ribadavia na que urxen oportunidades de traballo xogan coa necesidade da xente, son infames.

Nada fixeron, nada farán. As imaxes falan soas. Non son capaces de xestionar, incapaces de conseguir investimentos reais, nin son capaces de facer labores de conservación e mantenimiento do noso patrimonio. Só propaganda que sempre é desmentida coa realidade dos feitos.

Mentres tanto, a Ribadavia urxenlle gobernos de progreso e gobernantes demócratas capaces de xestionar, aquí e na Xunta. Desde Ribeiro en Común continuaremos a traballar para que así sexa.