Xa abriron os locais de hostalería e restauración ata o 50% do seu aforo

Así o acordou o Centro de Coordinación Cooperativa que se reuniu este sábado. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda presidiu esta reunión que contou con representación da Delegación de Goberno e da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

Na toma desta decisión o Goberno galego tivo en conta opinión de representantes do sector turístico, con quen xa acordou esta medida o pasado martes, así como a evolución dos datos epidemiolóxicos da Comunidade.

Os locais deben manter as medidas de seguridade establecidas polo Ministerio de Sanidad. Alfonso Rueda fixo unha especial chamada de atención á responsabilidade aos usuarios da hostalería e o sentidiño que se reclama sempre dende a Xunta de Galicia para poder seguir progresando durante esta pandemia.