A Valedora do pobo admite a trámite a queixa dos veciños do Covelo, no Irixo

A Valedora do pobo admite a trámite a queixa dos veciños do Covelo, no Irixo, polo incumprimento por parte do alcalde manuel cerdeira de prestar o servizo de iluminación pública.

Podemos lembra que os municipios deberán prestar, en todo caso, e entre outros o servizo de iluminación pública, así o recolle oartigo 26 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local.

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO


Aseguran que o Alcalde de O Irixo, Manuel Cerdeira, incumpre esta norma. Tal é a sí, que se puxeron en contacto con nós veciñanza da aldea de Covelo e nos deu traslado de que dende fai case un ano e medio o Concello de O Irixo non lles está dando o servizo de iluminación público.

Podemos considera totalmente incomprensible e unha falta total de responsabilidade e de respecto que en pleno século XXI un concello poida ter as escuras á veciñanza de unha aldea ao longo de máis de 18 meses.

Solicitamos en base a isto, que o Alcalde de esta Corporación Municipal, Don Manuel Cerdeira, restableza de inmediato o servizo de Alumeado público en O Covelo, cumprindo coa obriga que este Concello ten que prestar no tocante á prestación de servizos mínimos.

Podemos esixe o Alcalde Manuel Cerdeira que restableza de inmediato o servizo de iluminación público no Covelo ou, de non facelo, reservámonos tomar as medidas legais pertinentes ao entender violados dereitos básicos da veciñanza de O Covelo. A pasada semana, ao non ter contestación por parte do alcalde, recurriron á Valedora do Pobo quen ven de admitir a trámite a queixa dos veciños do Covelo