Compromiso por Galicia de Maceda pedirá o voto para o BNG

O grupo nacionalista/galeguista de Maceda que apoiou a Compromiso por Galicia nas últimas eleccións municipais decidiu non facer campaña a favor de EN MAREA GALEGUISTA nas vindeiras  Eleccións ao Parlamento Galego do 12 de xullo.

Nas vindeiras Eleccións ó Parlamento de Galicia preséntanse dúas alternativas nacionalistas/galeguistas, o BNG e MAREA GALEGUISTA, coalición esta formada por En Marea, Compromiso por Galicia e Partido Galeguista.

AVANTAR ACTIVIDADES

O grupo de Maceda que ata hai pouco apoiabamos a Compromiso por Galicia decidimos non apoiar nas eleccións do 12 de xullo a Marea Galeguista pois consideramos que non é neste momento unha alternativa política que axude a desbancar ó Partido Popular do Goberno da Xunta de Galicia, principal obxectivo para nós a día de hoxe.

Pediremos como grupo o voto para o BNG xa que nos parece a mellor alternativa a día de hoxe para acadar ó obxectivo de propiciar o cambio necesario na Xunta de Galicia. Consideramos tamén que CxG deixou de ser un instrumento eficaz para defender os dereitos e intereses de Galicia como pobo e que os obxectivos polos que se fundou o partido deixaron de existir. Decidimos xa que logo desmarcarnos de CxG e constituírnos en grupo e candidatura independente co nome de Compromiso por Maceda