Espazo Común: Ante a situación de caos que padece o Concello, demandamos a convocatoria urxente da Comisión de Seguimento do covid-19

O alcalde Fumega, como soe acontecer cando hai problemas, opta por esconderse e facer que outros dean a cara para tapar o seu desastre.Se non se reconduce rápido o camiño do goberno, o perxuizo vai ser enorme para o futuro do Carballiño

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES

Ante a situación de caos e parálise total que está a padecer o Concello do Carballiño, con circunstancias incomprensibles coma por exemplo:

1. As bases das axudas a familias, autónomos, comercio e hostalaría sen elaborarse.

2. A ordenanza de emerxencia social sen publicar.

3. O incomprensible anuncio da celebración da Festa do Pulpo como única actividade coñecida.

4. Os anuncios de privatizacións constantes.

5. A execución de obras e proxectos que se alonxan do prometido aos veciños antes das eleccións.

6. A desaparición do alcalde cando toca tomar decisións fundamentais para a vida dos veciños, facendo que outros saían a dar a cara por el.

Esta listaxe podería ser, desgraciadamente, moito máis ampla pero recollemos só os asuntos máis acuciantes.

O Grupo Municipal de Espazo Común ven de rexistrar no día de hoxe un escrito reclamando a convocatoria e constitución urxente da Comisión de Seguimento do COVID-19, tal como se acordou na nosa proposta en pleno, incluída dentro do PLAN O CARBALLIÑO CON-VIDA 20.

É preciso reconducir a situación de desgoberno pois, de seguir así, vai perxudicar enormemente o presente e o futuro da veciñanza do noso concello.